O Sexo renace entre cinzas
O lume arrasou o pasado mes de agsosto na contorna do Sexo unhas 500 hectáreas, entre as que había bosque autóctono, de ribeira e matogueira; e afectou unha zona incluída na proposta de ampliación da Rede Natura 2000, que conectaría a Serra do Careón co Sobreiral do Arnego

Palla para reducir o arrastre de cinzas. / Adega

Unha vintena de persoas coordinadas pola asociación ecoloxista Adega participaron este pasado 6 e 7 de decembro nun campo de voluntariado ambiental para contribuír á restauración de zonas afectadas polos incendios forestais na Agolada. As actividades desenvolvéronse nos montes da aldea do Sexo, ao carón do rego e da fervenza da Baíña. Alí, o voluntariado desenvolveu tarefas de control da erosión mediante o espallado de palla nunha superficie aproximada dunha hectárea. Esta técnica de mulching permite protexer o solo, reducir o arrastre de cinzas e favorecer a recuperación da vexetación. De forma complementaria, construíronse cinco faxinas xunto a un rego que desemboca no rego da Baíña, co obxectivo de reter os sedimentos e diminuír as escorrentas.
A xornada comezou o sábado coa chegada dos voluntarios ao local da antiga escola unitaria de Santiso, espazo cedido polo Concello para a pernocta. O grupo, con participantes de Ecuador, Estremadura, Rairiz de Veiga, Silleda e de Agolada desenvolveu os labores de restauración ao longo de toda a mañá. Xa pola tarde, e ante a imposibilidade de regresar ao monte debido ás condicións meteorolóxicas adversas, houbo unha xornada sensibilización a través dun xogo de rol centrado na prevención e xestión dos lumes.

Voluntarios participantes na xornada. / Adega
Ao día seguinte, o voluntariado continuou con novos traballos no monte, coa apertura de dous pequenos treitos dun camiño que formarán parte dun futuro roteiro interpretativo, así como na preparación da zona para unha posterior plantación de especies autóctonas en colaboración co CEIP da Agolada. Tamén houbo a unha recollida de lixo que continuou o luns porla veciñanza.
Tras o xantar, o voluntariado puxo punto final á xornada cun roteiro guiado polo biólogo Iván Orois, pola contorna onde se pretende instalar Altri. Visitouse a zona onde se producirían os vertidos da planta, na confluencia entre o rego da Baíña e o río Ulla.
Adega agradece ás persoas participantes, ao Concello de Santiso; á veciñanza do Sexo; a Anxo Oro, que achegou a palla; de Marcos Sánchez Fuciños, que deixou o tractor para carrexala; e da súa irmá Mayca, que nos agasallou cun cocido no xantar do domingo. Tamén á Fundación Eira da Xoana, a O Sexo Ardeu e a Iván Orois.
- Acuerdo histórico en Educación: los interinos no tendrán que presentarse a las oposiciones para seguir en las listas
- Muere Mabel Montes, histórica periodista de la TVG
- Planas rompe su silencio sobre los problemas del reglamento de control de pesca y promete aplicar medidas provisionales
- A la venta el chalé con piscina que corona la playa más bonita de Galicia (con permiso de Rodas): precio y fotos
- Al menos cinco empresas se interesan por el contrato del bus en Vigo y visitan las instalaciones de Vitrasa
- Más de veinte viviendas de lujo de Vigo llevan ya un año a la venta sin despertar interés
- Abierto el plazo para que dueños de pisos vacíos los ofrezcan al Concello
- Asistentes al concierto de Pablo López en Vigo presentan una reclamación: «Hubo quien tuvo que estar de pie solo para verle la cabeza»