«Choca que aínda traten ao farmacéutico de vostede»
A Deputación de Pontevedra vén de entregar os galardóns que recoñecen o talento da mocidade da provincia nunha ducia de disciplinas dos ámbitos das artes, a investigación e a sociedade. O boticario Alberto Lázara é un dos agraciados.

Alberto Lázara co seu premio da Deputación na súa farmacia de Prado. / Bernabé/Javier Lalín
-Contaba co premio?
-A verdade é que non contaba co premio. E máis aínda cando anunciaron que na miña categoría había récord de candidaturas con proxectos moi interesantes.
-En que consiste o proxecto «Saúde Rural en Movemento»?
-Saúde porque non só trata de vender medicamentos, senón que tamén trata de prevención e de educación e do benestar xeral rural. Porque nace en Prado e está pensado en defender e fortalecer a vida no rural. O de movemento é porque tamén é un proxecto que está vivo, é dinámico e consiste en incorporar novos servizos, ampliar a carteira de produtos según a demanda, introducir innovacións vencelladas á sostibilidade e educación sanitaria con charlas.
-Supoño que traballar en Prado tamén contaría para o xurado destes premios provinciais?
-Ademais creo que foi o que lles chamou a atención. Despois da gala tivemos unha festa e puidemos falar co xurado e foi cando me dixeron que lles chamou a atención que decidira con 25 anos asumir unha titularidade e que conseguira rentabilizar unha farmacia que estaba baixiña. E aportando atención sanitaria nunha zona moi afectada polo despoboamento.
-Está satisfeito coa valente decisión de traballar en Prado?
-Por suposto. Ao principio sempre se teñen dúbidas pola situación na que estaba a farmacia, pero é súper gratificante. Ademais, a xete nótase agradecida co traballo que se está a facer na botica. Co paso do tempo fun ampliando a carteira de servizos sanitarios, que é o que me gusta. Trátase de que no rural mellore o acceso a saúde sen que teñan que desprazarse aos cascos urbáns. Por exemplo, agora xa fago distintos análises e controis e incluso estou formándome para seguir. Estudo para dúas titulacións, como son o ciclo superior de Audioloxía e Ortopedia, e a maiores teño Optometría feito. Estou moi contento porque podo ir movéndome e ir cambiando segundo as necesidades que xurdan.
-Pensa traballar sempre en Prado ou mudará de lugar?
-Non sei o que me vai deparar a vida pero a verdade é que penso quedarme. Ao estar en movemento –como di o proxecto– non se fai monótomo porque sempre podes ir engadindo novas cousas. O que non me gostaría é estancarme pero ao poder ir innovando e ofrecendo novas cousas estou a gusto nun sitio como Prado.
-Cura, alcalde, Guardia Civil, maestro e boticario foron tradicionalmente eixos de poder nas aldeas. Segue a ser así ou non?
-Mandar non mando nada en Prado pero si que é verdade que aínda veñen señoras maiores falando de vostede cando che toca un pouco cunha persoa maior te trate así. Sempre lles digo que non me traten de vostede pero elas falan do respeto á figura do farmacéutico, ademais de gratitude polos servizos que lles estou dando. Tamén teño que dicir que igual é máis gratificante aquí que nunha cidade, onde hai máis competencia e onde cada un anda ao seu.
-Ten algún proxecto en marcha no eido sanitario para Prado?
-De momento, vou seguir reforzando o traballo. Estou seguindo con charlas. A semana que vén estarei en Santiago no Rosalía. De momento, tamén me está xa custando bastante compaxinar esto cos estudos. Entón, teño que adicarme un pouco a estudiar xa que empezan os exámenes. Como che dicía, un dos meus obxectivos agora mesmo é completar a miña formación para poder mellorar a calidade dos servizos que estamos a ofrecer aos veciños desta parroquia. O premio da Deputación é un impulso importante para todo o que teño pensado facer.
Suscríbete para seguir leyendo
- Acuerdo histórico en Educación: los interinos no tendrán que presentarse a las oposiciones para seguir en las listas
- Muere Mabel Montes, histórica periodista de la TVG
- Planas rompe su silencio sobre los problemas del reglamento de control de pesca y promete aplicar medidas provisionales
- A la venta el chalé con piscina que corona la playa más bonita de Galicia (con permiso de Rodas): precio y fotos
- Al menos cinco empresas se interesan por el contrato del bus en Vigo y visitan las instalaciones de Vitrasa
- Más de veinte viviendas de lujo de Vigo llevan ya un año a la venta sin despertar interés
- Abierto el plazo para que dueños de pisos vacíos los ofrezcan al Concello
- Asistentes al concierto de Pablo López en Vigo presentan una reclamación: «Hubo quien tuvo que estar de pie solo para verle la cabeza»