Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Ezequiel Mosquera Responsable de Emesports

«Non deixamos de ser un grupo de friquis do ciclismo»

Emesports será a encargada de organizar a Volta a Portugal e as principais roldas lusas no ano 2026. Será un gran reto para a empresa dirixida polo exciclista Ezequiel Mosquera e afincada na Estrada. Para saber máis desta aventura e das súas dificultades falamos co home do momento

Ezequiel Mosquera, en la sede de Emesports en Matalobos.

Ezequiel Mosquera, en la sede de Emesports en Matalobos. / BERNABE

A Estrada

—Como xurdiu este acordo coa federación portuguesa de ciclismo?

Todo empezou no Gran Camiño deste ano. A primeira etapa era en Portugal y alí estiveron autoridades da federación. O actual presidente xa me coñece e sabe como traballamos pero creo que todo saíu de aí. Eu sempre pensei que a Volta a Portugal é un emblema nacional pero nos últimos anos non está onde merece estar, especialmente a nivel mediático internacional. O evento non está á altura do que representa para o país. Penso que eses dous factores, unidos á ruptura no acordo que tiñan coa empresa que se encargaba de organizala, precipitaron o contacto e o acercamento de posturas. A idea por riba de todo era buscar un cambio de rumbo na Volta a Portugal. É unha carreira que coñezo ben, sei o que foi e o que presenta para os portugueses.

—Estamos falando dun touro moi complicado de tourear. Por onde comezaron?

Non deixa de ser intranquilizante. É un escenario que de momento me xera unha sensación de ingravidez. Hai moitas cousas que cerrar e ler. Este primeiro ano temos que entrar aí e imos necesitar axuda para facelo. Estamos falando doutro país, outra burocracia e outro mundo. É certo que estamos cerca e nos coñecemos. Eu pasei alí seis anos pero unha carreira ciclista, se a queres facer ben, é moi complicada de organizala no teu propio país. Facela en Portugal, ten outros factores que o fan máis complicado toda vía. Hai aspectos que temos que ir modulando e repartindo parcelas para ir avanzando. Esa sería a mellor maneira de facer una aterraxe suave. O que menos queremos é que sexa algo brusco.

Ezequiel, con Vinegaard, durante O Gran Camiño

Ezequiel, con Vingegaard, durante O Gran Camiño / Emesports

—Cales son os cambios que propoñen?

Temos que ser humildes na nosa proposta desde o inicio. Eu non teño unha barita máxica coa que solucionar todos os problemas dunha Volta que vai cumprir cen anos pero que é unha gran descoñecida, incluso para os propios corredores. Ata que viñan a correr aquí non se daban contar da dimensión que ten. Un dos obxectivos é dar a coñecer máis a carreira fora de Portugal, pero non só no plano deportivo. Todo debe ir ligado a unha promoción das paisaxes espectaculares. Desde o noso punto de vista o plano deportivo é o que marca todo pero esa ten que ser a escusa para vender un país. O ciclismo ten esa vantaxe con respecto a outros deportes. Temos a posibilidade de ir ao rural e amosalo a todo o mundo. Os organizadores temos que saber captar esas posibilidades para trasladalas á nosa mecánica de traballo. O maior emblema do ciclismo internacional, o Tour de Francia, fai moitos anos que tira por aí. Temos que coidar o relato. É certo que son un romántico nese sentido. Creo que é algo que se deixa notar no Gran Camiño, onde pode verse que hai uns señores correndo en bici pero nos aproveitamos iso para contar a historia de Galicia. No caso de Portugal temos un país enteiro que vender.

—O que non teñen é moito tempo porque a Volta ao Algarve xa está á volta da esquina.

É certo pero o Algarve vainos servir para entrar despacio. Iremos para irlle sacando traballo á federación na súa carga organizativa pero de momento tampouco asumiremos todo. Imos indo e imos vendo.

Ezequiel Mosquera.

Ezequiel Mosquera. / Emesports

—O 2026 será sen embargo de proba. Haberá que gañarse a renovación.

A nosa intención este primeiro ano é coñecer o entorno. Imos coa tranquilidade do apoio da federación portuguesa de ciclismo. A partir de aí o que queremos é facer algo pensando no futuro. Non queda outro escenario que facelo ben. Logo xa haberá tempo de analizar os anos seguintes. A Volta a Portugal é un gran evento, o segundo ou terceiro maior de Portugal despois do rali. Ten moitas cousas boas. Hai sen embargo certas parcelas que necesitan unha actualización e adaptación ao ciclismo moderno. É ademais unha das probas máis prexudicadas polo contexto actual de puntos, senón a que máis.As voltas están penalizadas nese sistema e cantas máis etapas teñen, peor. Hai moitas cousas que se nos veñen á cabeza ao pensar neste proxecto. Agora hai que pensar como as levamos a cabo.

—Como cambia isto Emesports con todo esforzo e medios que require?

Hai cousas que temos que toda vía que madurar. Está claro que necesitamos algún activo humano portugués. A algún xa o coñecemos e xa traballamos con el. Toda vía temos que falalo con eles neste días. Necesitamos neutralizar a diferencia cultural e idiomática que temos. No meu caso é menor porque xa estiven alí pero hai xente neste equipo que non lle pega ao portugués. É importante ter unha ponte nese sentido e temos que tela canto antes. Quitando eso, estamos moi ilusionados con este proxecto. Ao final non deixamos de ser un grupo de friquis do ciclismo. Así levaranse mellor todas as horas que imos ter que adicarlle.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents