Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O podcast que só necesitou dous meses para triunfar

‘Fechadas no baño’, de Paula Carro e Bea Bravo para Radio Estrada, premio á mellor creación feita por mulleres no festival galego

Imaxe das tres amigas «Fechadas no baño».

Imaxe das tres amigas «Fechadas no baño».

A Estrada

Pode ser que a súas voces soen familiares para milleiros de espectadores que as escoitan cada fin de semana en Radio Estrada, xa que levan anos traballando como actrices de dobraxe, pero Paula Carro fala do seu podcast como se acabara de comezar, e de feito, así é. Aínda así, mantén o entusiasmo da aventura que apenas leva un par de meses en marcha e xa levou o seu primer gran premio.

Paula e Beatriz, gañadoras ao Mellor Podcast feito por mulleres.

Paula e Beatriz, gañadoras ao Mellor Podcast feito por mulleres. / Cedida

«Fechadas no baño», programa que comparte con Bea Bravo e Ruth Pazo e que se emite en exclusiva en Radio Estrada cada venres ás 21.00 horas, vén de recibir o recoñecemento como Mellor Podcast Feito por Mulleres, no Festival de Podcast de Radio Fusión e Radio Fene. Case nada para ter comezado fai un par de meses e levar só 5 episodios.

«Somos moi noviñas en isto. Comezamos en outubro, coa nova tempada de Radio Estrada e só levamos cinco capítulos, pero para nós foi unha sorte que Damián Cortés nos abrise un oco», sinala Paula. A súa presenza en Radio Estrada non é casualidade. Paula explica que tanto ela como Beatriz levaban tempo argallando algo propio, ata que apareceu unha oportunidade: «Xurdiu a plataforma da radio e pareceunos ideal. Gravamos na casa, editamos e enviamos o programa para emitirse os venres».

O formato, que tamén se distribúe despois en iVoox, ten na radio a súa orixe: «Parécenos incrible poder saír na radio de toda a vida porque así chegamos a un público ao que doutra maneira non chegaríamos», apunta Carro. Esa audiencia inclúe tanto xente nova como persoas maiores que «poden atopar no noso podcast reflexións que, malia explicalas nun ton lixeiro, tocan temas que afectan a calquera».

O título xa non deixa lugar á dúbida. «Fechadas no baño» reproduce esas conversacións íntimas e espontáneas que adoitan xurdir con alguen preto, en momentos de desconexión ou completa honestidade. «Somos tres compañeiras de traballo, actrices de dobraxe e amigas que se fechan no baño en calquera lugar para falar desas inquedanzas que temos», resume Carro.

«Non queríamos ser dramáticas nin intensas. Falamos de cousas que preocupan a todo o mundo, como a vivenda, alimentación, relacións sociais, o traballo, a subida dos prezos… pero cun ton humorístico para quitar peso e rirnos un pouco das nosas ansiedades, non queremos aburrir a ninguén», comenta cunha risada.

A sorpresa foi que o recoñecemento chegou antes do previsto. «Deunos moitísima ilusión que nos deran precisamente o premio ao mellor podcast feito por mulleres. Era xusto a nosa intención, facer un podcast cunha perspectiva feminina que puidera chegar a todo o mundo», explica ela.

A aposta de Radio Estrada por este proxecto novidoso, feminino e natural funciona, e agora a crítica lle da a razón. O galardón só lles da «gañas de seguir mellorando», e nos descartan nun futuro «ampliar contidos, invitados ou colaboradores», aínda que prefiren ir «pouco a pouco».

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents