O obradoiro de cerámica exporá creacións o domingo no museo
O auditorio municipal de Lalín acolleu onte a última das sesións do obradoiro de cerámica Creando linguaxe de barro, una proposta impulsada desde a concellería de Política Lingüística. Na xornada inicicial, o pasado día 19, os asistentes elaboraron piezas sinxelas e utilitarias, incorporando palabras en galego ou elementos visuais inspirados no Laboratorio de Formas de Isaac Díaz Pardo. As pezas leváronse cocer a un obradoiro local e xa onte estaba previsto que os asistentes decorasen as súas creacións e aplicasen un esmaltado antes doutra cocción. Todas as creacións realizadas neste obradoiro serán presentadas o domingo, nunha mostra que se realizará no Museo municipal. Será instalada segunda planta deste edficio, un espazo dispoñible e que se presta para cuestións de formato reducido, no que os participantes poden ver como quedan rematadas todas estas creacións.
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- El emblemático Hotel Bahía de Vigo renueva su imagen: adiós a los azulejos azules y más de 5,4 millones de inversión
- Retenciones en Vigo: varios autobuses de turistas portugueses complican el tránsito en Beiramar
- El ourensano Diego Fuentes, futuro 'copadre': «Pensé que no tenía por qué ser peor que otro sistema porque al final se trata de conocer a alguien con quien establezcas una afinidad»
- ¿Por qué conviven vecinos y huéspedes en el Hotel Bahía de Vigo?
- Villa Elisa ya es propiedad municipal
- Punto y final a la burla de Cerdedo