Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Club de Lectura de Lalín, que ten 20 membros, reúnese hoxe

Esta tarde, ás 20 horas, no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero, como cada último xoves de mes, desenvolverase unha nova reunión do club de persoas lectoras, que reúne ao redor dunha vintena de lalinenses arredor da literatura como espazo de reflexión compartida. Nesta ocasión, o libro a comentar é Calle de las tiendas oscuras do autor francés Patrick Modiano, galardoado co Premio Nobel de Literatura. Está ambientado nun París de posguerra que se converte en escenario da perda e da busca da identidade. Con estilo contido e melancólico, Modiano conta a historia de Guy Roland, un detective amnésico que emprende a reconstrución do seu pasado no París marcado pola lembranza da Ocupación. A obra gañou grande atención crítica pois foi a novela que lle deu a Modiano o Prix Goncourt no ano 1978.

Tracking Pixel Contents