Homenaxe a Neira Vilas en Gres co gallo de seu décimo cabodano
Tal día coma hoxe de 2015 falecía o escritor Xosé Neira Vilas e a fundación que leva o seu nome celebra un acto polo décimo cabodano. Convoca a lectores e admiradores da súa obra a participar na ofrenda floral que, a modo de homenaxe e recordo, terá lugar ás 17 horas no cemiterio de Gres, onde repousa xunto á súa compañeira de vida, a escritora galego-cubana Anisia Miranda.
A continuación, xa na sede da fundación, na Casa do Romano, terá lugar a presentación do libro Correspondencia 1965-2014, que recolle o intercambio epistolar entre o autor de Memorias dun neno labrego e o profesor Xesús Alonso Montero, tamén prologuista deste volume de case 800 páxinas. Intervirán o director xeral de Galaxia, Xosé Manuel Soutullo, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, que colabora na edición. Está previsto que haxa exemplares á venda a disposición do público asistente.
- Cambio de rumbo para las cabañas turísticas de Bueu, que salen a la venta
- Al menos cinco personas estafadas en el área de Vigo por una oferta de empleo publicada en Milanuncios
- Davila 09/12/2025
- Las denuncias al presidente de la diputación de Lugo por acoso sexual: «Me dijo que debía acostarme con él si quería ser funcionaria»
- Davila 10/12/2025
- Acoso en las redes y amenazas a una peluquería canina de Bueu por la muerte de un perro
- Sandra Osorio, la campeona de España de pesca submarina que aprendió sola en Vigo: «Era un deporte de hombres y nadie quería venir conmigo»
- Vigo cambiará todas las placas de sus calles, pero ¿qué ocurrirá con las que tienen valor histórico?