Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

David Otero presenta un libro en Melide

David Otero presenta este venres, 28 de novembro, o seu libro Conecta co íntimo no Museo da Terra de Melide. Acompañarán ao autor estradense a tamén escritora Soqui Cea, a poeta Lorena Rei e o activista cultural agoladés Ángel Utrera. Ademais, Xosé de Cea e Antom Laia recitarán poemas durante o acto, que dará comezo ás 19:30 horas. Este traballo de David Otero está publicado por Edicións Laiovento.

Tracking Pixel Contents