A Solaina premia curtas sobre a Illa de Arousa e a lenda das lavandeiras
A Fundación Paco Lareo-A Solaina de Piloño acolleu a entrega de premios da primeira edición do Certame de Curtametraxes Carlos Asorey. ‘Testemuñas dunha Illa’ e ‘O que non falta’ foron os traballos galardoados.

Profesoras e alumnos do IES Marco do Camballón entregan o premio do público.
A pasada fin de semana celebrouse a entrega de premios do I Certame de curtametraxes documentais Carlos Asorey, creado e organizado pola Fundación Paco Lareo- A Solaina de Piloño, que recaeron nas películas Testemuñas dunha Illa, de Guillermo Artero, Borja Duarte e Elián Antigua, e O que non falta, de Ariadna Fieira e Sky López. Recibiron os galardóns de mans do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a presidenta da fundación, Carmen Lareo; e os membros do xurado

Premiados, autoridades, directivos da fundación e xurado do certame. | Fotos: Suso Sueiro / Xan Blanco / Beatriz Iglesias
O tribunal encargado dos premios estivo composto polo profesor e investigador de Agolada, Xaime Varela, o cineasta pioneiro do grupo Deza e cronista oficial de Lalín, Daniel González Alén, e Alfonso Pato, director do Festival de Cans, e María Xesús Barcala, Susana Porral e Sarai Varela Louzao, profesoras e alumna do IES Marco de Camballón. Á cerimonia de entrega de galardóns tamén asistiu Xesús Asorey, irmán do cineasta de Vila de Cruces que dá nome ao premio, directivos da fundación, moitos veciños e personalidades de diversos ámbitos da cultura.

Ariadna Fieira e Sky López, gañadoras da mención especial.
O I Certame de Curtametraxes documentais Carlos Asorey, impulsado pola Fundación Paco Lareu, xurdiu para homenaxear e lembrar ao cineasta Carlos Asorey (Loño-Vila de Cruces, 1950- Santiago de Compostela, 2015), contando co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O xurado decidiu que o premio fose para o documental Testemuñas dunha illa, de Guillermo Artero, Elián Antigua e Borja Duarte, estudantes de Comunicación audiovisual na USC, que realizaron esta obra como traballo de fin de grao. A curta narra a evolución que tivo a Illa de Arousa desde que, hai máis de 40 anos, se inaugurara a ponte para acceder a ela.
Ademais deste premio, o xurado tamén concedeu unha mención especial á curtametraxe O que non falta, dirixida por Ariadna Fieira e Sky López, ambas formadas en Comunicación Audiovisual na UDC.
Premio do público
Finalmente, o Premio do Público tamén foi para a curtametraxe Testemuñas dunha Illa. Este recoñecemento foi elixido a través da suma dos votos de máis de 70 de alumnos do IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces, que tiveron ocasión de visualizar as obras finalistas neste centro de ensino.
O premio do xurado consistiu na entrega dun galardón e en material tecnolóxico valorado en 3.000 euros, mentres que o premio do público consistía noutro agasallo en material valorado en 1.000 euros. Pola súa banda, as directoras da curta que recibiu a mención especial do xurado recibiron un lote de produtos culturais e un convite de entradas e hotel para asistir a vindeira edición do Festival de Cans, que se celebra nesta aldea do municipio do Porriño.
- Al menos cinco personas estafadas en el área de Vigo por una oferta de empleo publicada en Milanuncios
- Davila 10/12/2025
- La nueva empresa estatal de vivienda elige Vigo para estrenarse: 67 pisos saldrán al mercado de manera inmediata a precio «asequible»
- Un muerto y tres heridos en una colisión frontal en Redondela
- El Celta cae por aplastamiento
- Hacienda tumba en masa las reclamaciones de marineros por la exención de IRPF
- Acoso en las redes y amenazas a una peluquería canina de Bueu por la muerte de un perro
- Viajar de Vigo a Lisboa en tren en menos de seis horas ya es posible