Lalín canta ao asociacionismo
A Sala Tuno Valdés acolle a gravación do Himno Cooperativista Galego

Gravación do Himno Cooperativista Galego. | Bernabé/Javier Lalín
Á. G.
Lalín converteuse onte no epicentro da música cooperativa autóctona coa gravación do Himno Cooperativista Galego, unha iniciativa promovida pola cooperativa musical Urdime, a Federación Galega de Bandas e a Federación Coral Galega, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello de Lalín, localidade onde tivo lugar o traballo musical.
A sesión de gravación tivo lugar na Sala Tuno Valdés do auditorio municipal, reunindo a músicos e coralistas de distintos puntos xeográficos nunha xornada especialmente pensada para poñer en valor o movemento cooperativista e a súa identidade cultural, e que supuso un punto de encontro entre o movemento coral e as bandas.
Ademais da sesión musical, realizouse un vídeo oficial da gravación destinado á difusión do himno que se estreará o Día Internacional das Cooperativas na cidade de Santiago de Compostela. O evento de onte mantivo o calendario previsto para a xornada, dando comezo ás 14.30 horas coa chegada a banda ao auditorio. Despois dos ensaios, foi o turno das gravacións de audio e vídeo por parte dos músicos e o coro.
Visita
Sobre as 17.00 horas achegáronse ata ao auditorio lalinense a concelleira de Cultura de Lalín, Begoña Blanco, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, Marta Mariño. Todos coincidiron en suliñar que este encontro celebrado na capital da comarca de Deza reforza o papel do municipio lalinense como referente galego na promoción da música e da creación colectiva acollendo actividades como a gravación feita onte.
Suscríbete para seguir leyendo
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- La copaternidad llega a Galicia: desconocidos que se hacen amigos para tener un hijo
- El juez ordena cerrar un piso turístico en Vigo por estar «prohibido» en los estatutos
- El Hotel Bahía logra el «OK» para su reforma: más de 5,4 millones de euros
- Punto y final a la burla de Cerdedo
- Davila 05/12/2025