Concerto e homenaxe á Banda de Vilatuxe

Músicos da banda distinguidos polo Club de Amigos da Boina. Abaixo, Xosé Fernández, o Xastre Músico, coa súa dona, Aurora Santomé, recibindo a distinción. | Manolo Seixas
A Banda de Música de Vilatuxe, celebrou o sábado, o seu tradicional concerto anual honrando a Santa Icía, a patroa dos músicos, cun concerto no auditorio Xosé Fernández O Xastre, ateigado de público. A laureada banda interpretou o programa coas pezas Encontros, de Pascual Villaplana, Loch Ness e The Lord of the Rings de Johan De Meij e La Dolores, de T.G. Bretón. E para rematar cun par de pezas do folclore galego, sendo moi aplaudida polo público presente, entre o que se se atopaban os concelleiros Raquel Lorenzo e Marcos Mariño, en representación do Concello de Lalín.

Concerto e homenaxe á Banda de Vilatuxe
Antes do concerto e no mesmo escenario, por parte do Club de Amigos da Boina de Galicia, asociación con sede en Lalín, procedeuse a distinguir coa peza típica galega e o diploma correspondente, para o seu nomeamento como socios, a varios membros da Banda de Música de Vilatuxe, que ven de acadar o primeiro premio no Certamen Internacional de Bandas de Valencia de 2025, nas persoas do seu director, Víctor M. Vilariño Salgado, quen á fronte da mesma dende 2010, levou a agrupación ao seu máximo esplendor, a Berta Santomé Fernández, a primeira muller que tocou nunha banda na comarca dezá, e o actual presidente da Asociación Cultural Banda de Vilatuxe, José Rodríguez Varela, que tamén exerce como músico. O secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, o exconselleiro da Xunta, Xesús Palmoú Lorenzo, o fotoxornalista, Manolo Seixas, o funcionario municipal, Manuel Varela e o cronista dezao que subscribe, todos eles membros do Club de Amigos da Boina, fomos os encargados de entregarlles as distincións, que recibiron entre os aplausos dos seus compañeiros e do numeroso público. O citado Valentín García, tivo palabras de eloxio para a banda e a parroquia e o directivo da banda, Luís González Pichel, entregou un agasallo de agradecemento ao Club da Boina, ao seu secretario, Manolo Seixas.
A mesma distinción coa boina e diploma, fóronlle entregadas, na mesma xornada a Xosé Fernández Bernárdez, O Xastre. Músico, alma mater da banda, que aos seus 95 anos acaba de rematar un manuscrito coas súas memorias, no afán de publicar, primeiros do ano vindeiro, un libro autobiográfico que está sendo revisado para a súa edición polo cronista dezao Daniel González Alén, membro tamén do Club da Boina, que foi o encargado de levarlle xunto a Manuel Seixas, o recoñecemento, ao seu domicilio en Vilatuxe, por atoparse indisposto e non poder ir ao concerto.
- Un grupo de turistas se monta un picnic bajo las luces de la Navidad de Vigo
- Más de cien vigueses alquilan su coche particular para conseguir un ingreso extra
- Antía Pinal lleva a Vigo a la final de 'La Voz' y el alcalde pide el apoyo de la ciudad
- Desaparecida en Lalín una mujer de 58 años que padece alzhéimer
- Indemnización de 135.000 euros para una familia que perdió al bebé que esperaba durante el parto en el Cunqueiro
- Sancionan a 21 empresas de Alsa y Monbus por falsear la competencia
- Comunidades de propietarios de Vigo limitan la decoración navideña para controlar el consumo eléctrico
- Apuntalan la casa de Papá Noel en Vigo por riesgo de derrumbe tras chocar un furgón