O 20-N en Lalín, 50 anos sen Franco
Este 20 de novembro, conmemoráronse os 50 anos do falecemento do ditador Franco, polo que quería poder [daquela tiña 13 anos] manifestar observacións encol desta efeméride en Lalín Acababa de ser repatriado do Sáharaconcretamente do El Aaiún porque nese ano 1975 precipitáronse acontecementos, e o goberno con Franco en fase terminal de vida, decidiu evacuar a todo o persoal civil de ese territorio para ser repartido entre Marrocos e Mauritania.

O 20-N en Lalín, 50 anos sen Franco
Rafael Iglesias Blanco
Lembro perfectamente que asistía como adolescente estudante de 8º da EGB ao Colexio Público Comarcal, o que hoxe é Xesús Golmar, e que pola mañá dun frío día do outono, meus pais chamaron para escoitar pola televisión ao presidente, Arias Navarro, anunciando a todos os de aquela súbditos o falecemento do ditador coa famosa frase que quedou gravada na TVE: Españoles, Franco ha muerto. Franco chegou por un golpe de estado tremendamente sanguento (el alzamiento nacional), logo de case tres anos de Guerra (in)Civil, no que aínda, a día de hoxe fainos estremecer e sobresaltar polo saldo de vítimas.
Estimacións de historiadores, afirman que en todo o Estado houbo máis de 500.000 mortos, dos que 200.000 (150.000 no bando franquista e 50.000 polo republicano) foron por asasinatos sistemáticos, torturas e outras brutalidades durante o conflito, ademais de 500.000 exiliados. Na posguerra producíronse 50.000 execucións entre 1939 e 1946, e continúan en 3.000 fosas documentadas preto de 115.000 desaparecidos. Salientar a obra gráfica das estampas da guerra do gran artista Castelao cos seus álbums de guerra: Galiza Mártir, Atila en Galiza e Milicianos.
Centrándome en Lalín, sorprende o paradoxo de que 50 anos despois da morte de Franco, o que era alcalde de Lalín, que xa levaba neste cargo 18 anos, (fora nomeado polo Ministro de Gobernación en 1957 e antes fora concelleiro desde 1947 polo tercio familiar) e que non cesou até as primeiras eleccións democráticas en 1979, leve o nome actual da antes rúa A é completamente ilegal por tratarse dun alcalde da ditadura de Franco, destacado militante do partido único de ese réxime, incluso antes do 18 de xullo, un camisa vella. que recolle a Lei de Memoria Democrática (LMD) de outubro de 2022 que fai referencia a que para dignificar ás vítimas da represión exercida despois do golpe de 1936, débense eliminar os símbolos, as denominacións e as referencias franquistas en rúas e edificios públicos.
Falando de crimes e represión sobre as persoas vencidas, aquelas que se significaran pola lealdade á legalidade democrática republicana, e que foran detidas baixo diversas acusacións pola Garda Civil por ser significados esquerdistas, por participar nos sucesos revolucionarios do día 20 de xullo, por oporse ao glorioso movemento nacional; é dicir, por convocar e secundar unha folga xeral entre os traballadores contra o golpe militar e esixir o reparto das armas almacenadas e depositadas no cuartel da Garda Civil. Consecuencia destas detencións, dous cabecillas, coa escusa do seu traslado a outras prisións habilitadas, son asasinados o 9 de outubro á saída da A Estrada, estrada de Chapa-Carril, quilómetro 23 á altura da Ponte Regueiro, o xefe da Policía Local de Lalín e o mestre da parroquia de Moneixas, Xesús Froiz Gómez (Partido Galeguista) e Manuel Guillán Abalo (PCE), natural de Vilagarcía e casado coa veciña lalinense Josefa Agulló Barral.
Un mes despois, na noite do 8 ao 9 de novembro de 1936, son asasinados seis veciños de Lalín xunto con outros cinco de Arbo, presos na Illa de San Simón, cando supostamente eran trasladados, na estrada N-541, na volta do Couto, Tenorio, de Cotobade, os sindicalistas líderes obreiros, algún era tamén concelleiro: Luis Frade Pazos, José López Bermudez, Ramiro Granja González, José Montouto Rodríguez, Luis Varela Sobrado e Eliseo Garra Lalín. Foron soterrados nunha fosa do cemiterio de Tenorio. Os seus restos, anos máis tarde, serán depositados nun osario por mor de obras de ampliación de dito cemiterio; polo cal, cando se intentaron rescatar do lugar da fosa en 2009, resoultou imposíbel localizalos.
Os alcaldes, Manuel Ferreiro Panadeiros (Izquierda Republicana) e Xesús Golmar Rodríguez do Partido Galeguista, xulgados en consellos de guerra por rebelión militar e condenados a morte. O primeiro executado o 27 de agosto de 1936 e o segundo; fóille conmutada por cadea perpetua, preso en San Simón, foi trasladado ao Forte de San Cristóbal en Pamplona, para logo ser posto en liberdade provisional en 1940, inhabilitado a perpetuidade para o exercicio da súa profesión pola Comisión Provincial de Depuración do Maxisterio coa imputación máis gravosa, a de culpábel de separatismo faleceu en xaneiro de 1962. Con respecto a estes dous alcaldes republicanos resulta lóxico reclamar por iniciativa institucional do Concello de Lalín diante do Goberno Español para demandar iniciar o expediente administrativo perante o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática que declare a ilegalidade e ilexitimidade dos Consellos de Guerra que os condenaron durante o comezo da Ditadura Franquista e se faga unha declaración de recoñecemento e reparación das súas persoas, porque é de xustiza recuperar a necesaria reparación da súa dignidade; e mesmo para os concelleiros e traballadores funcionarios da institución local depurados.
Volvendo ao nome da rúa do alcalde da ditadura, nada pode xustificar; nin se debería tentar branquear a súa implicación persoal e política derivada da súa moi larga e coñecida biografía de militancia na ultradereita, que poida xustificar diante da lexislación actual o manter o seu nome no rueiro local de Lalín. Compre asumir e recoñecer a contradición de non ter en ningún espazo público da nosa vila dedicado aos mártires locais, como pode ser a instalación da placa orixinal dos represaliados que foi instalada en Bos Aires na sede da Federación de Sociedades Galegas por iniciativa da Sociedade Unión do Partido de Lalín
A transición da ditadura á democracia actual non foi tan modélica. Unha por que non se poido decidir a elección democrática do Xefe de Estadoe a Lei de Amnistía non foi tampouco un modelo de reconciliación xa que valeu como lei do esquecemento para verdugos do franquismo, moito máis que para baleirar os cárceres de presos políticos.
Como nacionalista, quero pór en valor a representación dos últimos tempos da República en Lalín antes do galeguismo, partido de Castelao e Bóveda, con preto de 65 militantes e que acadaría unha gran incidencia social e política, até o punto de que o derradeiro alcalde republicano foi o dirixente nacionalista Xesús Golmar Rodríguez, que presidía o Consello Local do PG e do que formaban parte Xosé Fernández Corredoira, Ánxel García Guitián, Amancio Iglesias Trabazo (irmán de meu avó paterno, o carpinterio e contratista, Julio Iglesias Trabazo), Rafael Teixeiro Cuiñas, Antón González Vilanova, Xosé Otero Abeledo Laxeiro, Enrique Vidal Abascal, Fernando Calviño Ozores e Fernando Goianes Goianes.
Todas as familias temos máis ou menos protagonistas implicados nos bandos contendentes desta Guerra Civil que trouxo case 40 anos de ditadura; alguén poida considerar lexitimamente que remexer o pasado é un erro imperdonábel. Lonxe é a miña intención de xogar ao desquite político e sementar discordia nos descendestes directos ou colaterais; porén recoñecer que todos os veciños foron reféns e vítimas de un tempo histórico é moi necesario e san. Meu avó materno e meu padriño, foron combatentes no exercito golpista, non por vontade propia, botaron tres anos de servizo militar, ambos nados en 1916; por tanto, tiñan 20 anos en 1936 cando foron recrutados, e aos que sempre lles oía dicir cando era un rapaciño e mozo que non é o mesmo falar da guerra que estar en ela»
Fun neto e afillado de dous veciños de Lalín, convictos e confesos de ser franquistas, os dous camaradas de tertulias prolongadas das súas batalliñas. Meu avó era José Blanco Guerra O Español de Botos e meu padriño era Victorino Abeledo Losada O Capón (irmán máis xove da miña avoa Carmen Abeledo Losada, do Barrio de Abaixo). Nunca souberon que esa guerra non era a súa. Fagamos o esforzo de coñecer e saber a nosa historia, porque memoria, verdade, xustiza e reparación teñen que ser parte deste medio século sen Franco, sexamos defensores da democracia e a liberdade fronte aos novos fascismos.
Remato cunha expresión dos perdedores, dos masacrados, torturados, perseguidos, exiliados... puntualizando que só co seu esquecemento ou borrado da historia serán derrotados. Son parte desa Galiza Mártir; parafraseando a Castelao, no Alba de Gloria, son pequena representación do pobo, a enerxía colectiva que nunca perece, esa infinita moitedume de luciñas e vagalumes representa o que nós fomos, o que somos e o que nós seremos: Saúde e República!!
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- El Hotel Bahía logra el «OK» para su reforma: más de 5,4 millones de euros
- La copaternidad llega a Galicia: desconocidos que se hacen amigos para tener un hijo
- El juez ordena cerrar un piso turístico en Vigo por estar «prohibido» en los estatutos
- Punto y final a la burla de Cerdedo
- Davila 05/12/2025