A Bienal Pintor Laxeiro supera os 2.000 visitantes
A colectiva,que será desmontada o 1 de decembro, ofrerá a derradeira actividade o vindeiro día 30

Familiares de Alonso Galván, autor presente na exposición
REDACCIÓN
A 17ª Bienal Pintor Laxeiro, que leva por título Paisaxes e sombras,foi inaugurada o 3 de outubro. Comisariada por Manuel Quintana Martelo, ofrece unha visión ampla e moi diferente sobre a paisaxe entendida nun sentido amplo, ofrecida por doce artistas que traballan técnicas moi diversas, dende a pintura, o debuxo, a escultura, a fotografía ou a instalación. Neste tempo pasaron polo Museo Municipal máis de 2.000 visitantes. Dende o inicio da exposición, máis dun milleiro de escolares acudiron a visitar a Bienal. Resaltamos a alta participación dos centros educativos da vila (CEIP Manuel Rivero, CEIP Xesús Golmar, IES Laxeiro e IES Ramón María Aller), que asistiron ás visitas guiadas e obradoiros. De entre os obradoiros, os que tiveron máis éxito foron o Laboratorio de sombras, Luz e cor e Corpo e volume.
A maiores, e xa no público adulto, outras 920 persoas acudiron á Bienal, entre as excursións programadas por axencias de viaxes e grupos de particulares. Visitárona colectivos de Nigrán, Pontevedra, A Guarda, A Coruña, Santiago, Ourense, Ames, aos que se suman visitantes individuais de Valencia, Oviedo, Ferrol, Vigo, así como de Portugal, Francia e Alemaña, por citar algunhas procedencias das que figuran na estatística, polo que a participación e afluencia de público está sendo moi notable, a falta de sumar os visitantes dos 10 días que restan ata a clausura. Nestes últimos días, acudiron a visitar Paisaxes e sombras familiares e persoas do círculo íntimo de Alfonso Galván e de Carmen Van Den Eynde, artistas que participan na exposición.
Onte e o vindeiro sábado son as derradeiras oportunidades para participar nas visitas guiadas da mostra. E para o remate, está programada unha actividade final para o domingo 30 de novembro. A exposición comezará a desmontarse o luns día 1 de decembro.
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- El emblemático Hotel Bahía de Vigo renueva su imagen: adiós a los azulejos azules y más de 5,4 millones de inversión
- Retenciones en Vigo: varios autobuses de turistas portugueses complican el tránsito en Beiramar
- El ourensano Diego Fuentes, futuro 'copadre': «Pensé que no tenía por qué ser peor que otro sistema porque al final se trata de conocer a alguien con quien establezcas una afinidad»
- ¿Por qué conviven vecinos y huéspedes en el Hotel Bahía de Vigo?
- Villa Elisa ya es propiedad municipal
- Punto y final a la burla de Cerdedo