Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Unha vintena de estradenses súmanse ao YoConecto

O taller busca fomentar o uso de ferramentas dixitais na xente maior

REDACCIÓN

A Estrada

Veciños e veciñas da Estrada comezan a interesarse polas novas formacións do programa YoConecto, unha iniciativa destinada a achegar o mundo dixital á cidadanía, con especial atención ás persoas maiores. O curso, impulsado pola Fundación Cibervoluntarios e financiado cos fondos Next Generation da Unión Europea a través do Ministerio para a Transformación Dixital, xa conta cunha vintena de persoas inscritas.

As sesións céntranse no uso de aplicacións informáticas e telefonía móbil, ofrecendo unha aprendizaxe práctica que permite superar barreiras tecnolóxicas e desenvolver habilidades básicas para o día a día. Entre os contidos destacan a realización de trámites coa administración (como pedir cita médica ou descargar recibos), o uso de aplicacións útiles, compras e operacións bancarias seguras en liña.

As clases impartiranse de forma presencial na Casa da Música, de 10.00 a 13.00 horas, en grupos reducidos e cunha metodoloxía sinxela e acompañada. Cada curso terá unha duración total de 12 horas, repartidas en catro sesións de tres horas. O calendario inclúe: YoConecto L4, iniciación ao mundo dixital para maiores de 18 anos (2, 4, 9 e 11 de decembro); YoConecto L1, apps para xestionar trámites en internet para maiores de 60 anos (20, 22, 27 e 29 de xaneiro); e YoConecto L1, banca dixital e compras seguras en liña (3, 5, 10 e 12 de marzo).

Tracking Pixel Contents