Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Melodía lalinense inclusiva

Mario G. Cortizo compón a música dunha coprodución internacional sobre a historia dunha enfermeira con síndrome de Down

Cortizo dirixe á orquestra na gravación.

Cortizo dirixe á orquestra na gravación. / Marta Rodríguez

Alfonso Loño

Alfonso Loño

Lalín

Hai uns días concluíu nos Estudios Mans da Fundación Paideia Galiza a gravación da banda sonora orixinal da película The Interview, unha coprodución internacional de Albania, Kosovo, Italia e España, na que Contracultural Media participa como parte española, en colaboración coa Fundación Paideia Galiza e a Federación Down Galicia.

Escrita e dirixida polo cineasta albanés Andamion Murataj, esta curtametraxe aborda con delicadeza e honestidade a historia de Erma, unha moza con síndrome de Down que, en plena pandemia, se prepara para unha entrevista de traballo como enfermeira voluntaria.

Neste proxecto existe un destacado protagonismo dezao. A banda sonora composta polo lalinense Mario G. Cortizo e interpretada por músicos do Ensemble Instrumental Siglo XX. O talento galego e o albanés combínanse nunha gravación que contou coa participación do Ensemble Instrumental Grupo Instrumental Siglo XX [integrado por membros da Orquestra Sinfónica de Galicia] e da violoncellista e cantante Rediana Vlashi, quen interpreta unha nana en albanés acompañada dun coro formado por nenos de Down Galicia. A letra da composición é autoría de Andamion Murataj, con música de Cortizo e do violinista albanés Florian Vlashi, líder do ensemble.

Melodía lalinense inclusiva

Unha intérprete. / Marta Rodríguez

Cortizo, galardoado co Premio Martín Códax da Música polo seu espectáculo Só un solo, continúa con unha carreira de grande proxección. Na composición contemporánea, as súas últimas estreas inclúen Hort/Garden, presentada no Festival de Peralada en xullo e debut como director; As marxes, estreada pola Banda Municipal de Bilbao; e Faramontaos 1952 (Real Filharmonía de Galicia).

No eido audiovisual ten bandas sonoras para Esta no es tu casa, Lo que fuiste, O neno sardiña ou Conte Trencat.

Tracking Pixel Contents