Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Fernando Cortizo imparte un aula de animación en Garatuzas

REDACCIÓN

Vila de Cruces

A asociación Garatuzas, de Piloño, organiza un obradoiro de stop motion que impartirá Fernando Cortizo. Esta técnica de animación consiste en tomar fotografías de obxectos manipulados lixeiramente entre cada toma, e despois reproducir as imaxes para crear sensación de movemento. Esta aula terá lugar os días 22 e 29 deste mes, así como o 13 de decembro, na Casa de Cultura de Piloño. Os e as participantes poderán aprender ademais cuestións vinculadas á narrativa audiovisual e a realizar unha pequena peza animada.

Fernando Cortizo conta con máis de 20 anos de traxectoria profesional en animación, publicidade e documental. É moi coñecido pola súa longametraxe O Apóstolo, a primeira película europea que se rodou en stop motion estereoscópico. Na actualidade, traballa noutra longametraxe sobre os nenos dun ghetto da República Checa.

Tracking Pixel Contents