Once «boinas» novas no clube
O Clube de Amigos da Boina de Galicia celebrou a súa xuntanza en Chantada, onde nomearon aos novos membros
Entre os recén incorporados figuran o párroco Manuel Areán, nativo de Lalín, e o alcalde, Manuel L. Varela

Os asistentes á xuntanza do Clube de Amigos da Boina de Galicia, no patio do Pazo de Piñeiro, en Chantada. / Manolo Seixas
O pasado sábado celebrou xuntanza ordinaria o Club de Amigos da Boina de Galicia en Chantada para nomear once novos membros.
Coa organización deste encontro correron Xosé Luís Cortiñas e Ramón Rodríguez Porto, membros do club ben coñecidos en Chantada.

Nomeamento de Manuel Areán como novo membro. / Manolo Seixas
Os novos integrantes son: Manuel Lorenzo Varela, alcalde deste concello lucense; Manuel Areán, cura párroco de Chantada, nativo da parroquia lalinense de Parada; Francisco Javier Rodríguez Medela, xerente do GDR Asociación Miño-Ulla; Juan Luís Méndez Rojo, director xeral de Vía Romana Adegas e Viñedos Méndez-Rojo; Manuel Vázquez Regal, presidente da Asociación Cultural Amigos do Folión de Carros de Chantada; Luísa Rubines Álvarez, directora de Quinta Sacra; Xesús Mazaira Varela, socio e cofundador de Airas Moniz; Iñaki Castiñeiras Alemany, director de Xanela; Modesto Varela Pérez, encargado de Parques e Xardíns do Concello de Chantada, Francisco Javier Fernández Alonso, funcionario, e Luis Fernández de Anguinao, avogado.

Nomeamento de Manuel Varela. / Manolo Seixas
No acto, que tivo lugar no Pazo do Piñeiro, o presidente do Club de Amigos da Boina, o xornalista ourensán Antón Alonso Suárez, e o secretario da mesma, o fotoxornalista lalinense Manolo Seixas Calviño, foron os encargados de poñerlle a boina aos novos membros, a quen fixeron entrega dos diplomas que acreditan esta distinción os socios máis veteranos.
Para rematar, un xantar de irmandade no que non faltou a bendición a cargo do citado sacerdote Manuel Areán e a interpretación do Himno Galego, co medio centenar de asistentes postos en pé.
Banda de Vilatuxe
O Club de Amigos da Boina de Galicia, fundado hai tres anos en Lalín para fomentar a amizade e o uso da boina e crear un sentido de comunidade unindo a persoas de diferentes localidades galegas, conta con preto dun centenar de membros, os máis deles da comarca de Deza, onde celebrou as dúas anteriores xuntanzas anuais, tendo previsto distinguir este sábado a catro membros da laureada Banda de Música de Vilatuxe, no transcurso da celebración do concerto anual da Santa Icía, patroa dos músicos.
Suscríbete para seguir leyendo
- Beatriz Fernández (27 años): «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- Un ciclón llega a Vigo: vientos de más de 80 kilómetros por hora, lluvias fuertes y olas de hasta seis metros
- Retenciones en Vigo: varios autobuses de turistas portugueses complican el tránsito en Beiramar
- Estas son las tiendas y centros comerciales de Vigo que abren hoy, lunes 8 de diciembre
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Vigo sella el contrato que le permitirá ejecutar su plan masivo de «humanizaciones» en 300 calles de la ciudad
- Vecinos denuncian la conversión de una discoteca en after hours
- El Concello de Vigo desembolsa ya casi 1.000 euros por vecino para sostener los servicios públicos