A Banda Cultural rende homenaxe a Ramón Campos por Santa Icía
O concerto será o venres 28, e o da Banda Municipal este sábado
REDACCIÓN
Unha vez máis, dentro da programación cultural de outono atópanse os concertos na honra a Santa Icía, patroa dos músicos, que se celebrarán nos vindeiros días e que contarán coa participación das dúas bandas estradenses. O primeiro terá lugar este sábado ás 20.00 horas no Teatro Principal e correrá a cargo da Banda de Música Municipal da Estrada, mentres que o segundo, previsto para o venres 28 ás 21.00, será interpretado pola Banda de Música Cultural. Esta última anunciou que aproveitará a ocasión para render un sentido homenaxe ao exalcalde Ramón Campos Durán, falecido en 2019 e rexedor do municipio entre 1992 e 2007, recoñecendo así a súa contribución á vida institucional e cultural da vila.
O concerto da Banda Cultural estará estruturado en dúas partes. A primeira estará dirixida por Saúl Liñares, músico estradense e director en Oviedo, que ofrecerá un repertorio composto polo pasodobre O Carrizo, Indiana Jones, Camino Universo, We don’t talk about Bruno e Radioactive. Tras un breve descanso, chegará a segunda parte do programa, xa baixo a batuta do director titular, Ricardo Oliver. A peza La Misión servirá de acompañamento ao homenaxe dedicado a Campos Durán, ao que seguirá a interpretación de Italian Holiday e do clásico Pasadoble Agüero.
Sobre o escenario reuniránse máis de trinta músicos cun amplo abano xeracional.
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- El emblemático Hotel Bahía de Vigo renueva su imagen: adiós a los azulejos azules y más de 5,4 millones de inversión
- El ourensano Diego Fuentes, futuro 'copadre': «Pensé que no tenía por qué ser peor que otro sistema porque al final se trata de conocer a alguien con quien establezcas una afinidad»
- ¿Por qué conviven vecinos y huéspedes en el Hotel Bahía de Vigo?
- Villa Elisa ya es propiedad municipal
- Punto y final a la burla de Cerdedo
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex