Moncho Bao: «Cando collín o Ozone pensei que serían 4 ou 5 anos, pero o tema disparouse»
O pub celebra a maioría de idade o sábado con sorpresas e sorteos

Moncho Bao, ante a porta do seu local na zona de marcha estradense. | Bernabé/Javier Lalín
Abrir un local de noite non entraba nos plans a longo prazo de Moncho Bao no 2007, cando, con 25 anos, decidiu coller o local A Ruta, para montar o seu negocio. Agora, dezaoito anos despois, o Pub Ozone da Estrada celebra este sábado 22 de novembro o seu 18º aniversario, un feito que o seu propietario recoñece que superou todas as súas expectativas iniciais.
«Sempre tiven a ilusión de xestionar un local nocturno, pero ata ese momento só traballara poñendo música. O negocio, como dono en si, era un mundo totalmente descoñecido», lembra. El traballaba naquel momento no Seven e coñecía ben o ambiente da vila, pero non a vertente empresarial do sector. Aínda así, viu a oportunidade clara: «Na Estrada polo 2007 había moita xente de marcha, viña xente de moitas zonas. Vin un negocio importante para poder traballar e animeime».
Naqueles anos de intensa movida nocturna con gran afluencia de xente de comarcas próximas, o Ozone comezou a facerse un nome entre pubs clásicos. Bao lembra que daquela había entre catorce e quince locais na vila, ademais de dúas grandes discotecas. «É certo que cando o collín pensei que sería unha aventura de catro ou cinco anos. Daquela tiña 25 e ao final o tema disparouse bastante», comenta cunha risada.
O local que colleu estaba, segundo lembra, practicamente pechado. «Sorprendeume o arranque que tivemos, con moi boa acollida. A reacción da xente e o foco que se lle deu ao local creo que foi o axeitado. En verdade, foi demasiado ben, por riba das miñas expectativas», sinala. Aínda que as rúas estaban cheas de mocidade da contorna, entrar nese panorama non foi doado: «Había locais funcionando a un ritmo moi alto e eu tiven que buscar un oco co meu estilo». Hoxe, case dúas décadas despois, a paisaxe é outra. «Xa pecharon moitos locais. Agora quedamos 5 ou 6,o baixón foi importante», explica.
Público multixeracional
A pesar da boa saúde do seu negocio, Bao é consciente da caída na afluencia nocturna xeral, non só na Estrada. «Noutras zonas boas de marcha en Galicia, como Santiago ou Melide, tamén sufriron isto», sinala. Entende que a maior parte da súa clientela habitual son agora pais e nais de familia, polo que o seu ritmo non é o mesmo ca antes: «Seguen saíndo, pero agora é unha vez ao mes, ou en datas especiais». O ambiente do Ozone logrou consolidar así unha clientela «da miña quinta, entre os 30 e os 50 anos».
Para celebrar esta maioría de idade do local, este sábado teñen preparada unha festa especial, buscando agradecer a fidelidade da clientela. «Imos facer unha festa con agasallos, para recordar un pouco o que fomos desde 2007 ata agora, e un sorteo de 200 euros», adianta. Ademais, haberá unha proposta de coctelería con novidades. Bao remata agradecendo «á súa familia e a do Ozone por acompañalos durante todos estes anos nesta incrible viaxe».
Suscríbete para seguir leyendo
- Cambio de rumbo para las cabañas turísticas de Bueu, que salen a la venta
- Al menos cinco personas estafadas en el área de Vigo por una oferta de empleo publicada en Milanuncios
- Davila 09/12/2025
- Las denuncias al presidente de la diputación de Lugo por acoso sexual: «Me dijo que debía acostarme con él si quería ser funcionaria»
- Davila 10/12/2025
- Acoso en las redes y amenazas a una peluquería canina de Bueu por la muerte de un perro
- Sandra Osorio, la campeona de España de pesca submarina que aprendió sola en Vigo: «Era un deporte de hombres y nadie quería venir conmigo»
- Vigo cambiará todas las placas de sus calles, pero ¿qué ocurrirá con las que tienen valor histórico?