Catering Valenciaga acompaña ao equipo de «Punto Nemo» no Grove
A empresa estradense atendeu as 70 persoas que traballan na serie española

O actor Maxi Iglesias, cunha traballadora de Valenciaga.
REDACCIÓN
O Grupo Valenciaga Catering vén de rematar o seu traballo xunto ao equipo da serie de Prime Video, «Punto Nemo», que estes días gravou novas escenas da súa segunda tempada en San Vicente do Mar, no Grove. A empresa estradense atendeu durante catro semanas a un equipo de entre sesenta e setenta persoas ao día, incluídos actores tan recoñecidos no panorama nacional como Maxi Iglesias, Najwa Nimri, Alba Flores ou Óscar Jaenada. «Foron todos moi boa xente. Maxi Iglesias foi especialmente agradable, pero dende os actores ata os técnicos, foi un pracer traballar con eles,», resume o propietario.
A colaboración xurdiu porque a produtora xa era clienta habitual da empresa. Valenciaga adoita encargarse, sobre todo, de presentacións de películas e series, cócteles institucionais ou eventos puntuais, pero non de de este tipo de servizos, como foi un rodaxe completo. «Somos unha empresa de cátering que fai cousas do día a día, e sempre cociñamos no sitio». Por iso, cando a produtora lles pediu encargarse da comida diaria do equipo, aceptárono como un servizo puntual, sabendo que requiriría moita organización.
O ambiente «sempre foi moi bo», e mesmo parte do persoal de Valenciaga viviu o rodaxe con entusiasmo, onde as traballadoras e traballadores máis novos «pelexaban por ir traballar á rodaxe», para poder atender en persoa aos seus actores e actrices favoritos.
- Al menos cinco personas estafadas en el área de Vigo por una oferta de empleo publicada en Milanuncios
- Davila 10/12/2025
- La nueva empresa estatal de vivienda elige Vigo para estrenarse: 67 pisos saldrán al mercado de manera inmediata a precio «asequible»
- Un muerto y tres heridos en una colisión frontal en Redondela
- Hacienda tumba en masa las reclamaciones de marineros por la exención de IRPF
- El Celta cae por aplastamiento
- Acoso en las redes y amenazas a una peluquería canina de Bueu por la muerte de un perro
- Viajar de Vigo a Lisboa en tren en menos de seis horas ya es posible