Polo San Martiño, castañas, chourizos e viño
Novembro é o mes dos magostos por excelencia, así que non é de estrañar que numerosas parroquias e asociacións de veciños organizasen celebracións durante a pasada fin de semana. Foi o caso de Noceda, A Xesta, Lalín de Arriba, Cortegada ou Fiestras, onde honraban ao San Martiño, patrón da parroquia.

Xuntanza veciñal no centro social de Cortegada.

«Castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño» ou «polo San Martiño, castañas, chourizos e viño» son dous ditos populares que refrendan ao mes no que estamos como o da tradición dos magostos, en concreto, nos días próximos á celebración do santo de Tours. O 11 de novembro caeu este ano en martes, así que boa parte das celebracións adiáronse para a pasada fin de semana, fundamentalmente para o sábado. Foi o caso das parroquias lalinenses de Noceda e A Xesta ou o barrio de Lalín de Arriba ou das silledenses de Cortegada, Fiestras ou Cira, onde clausuraron a súa veterana Semana Cultural cunha cea-baile tamén o sábado.

Comidas e bailes dos magostos en Noceda, A Xesta, Fiestras e Lalín de Arriba.
Preto de 200 persoas participaron no magosto organizado pola Asociación de Veciños Bolarqueiros de Noceda, sen dúbida, unha das más activas da bisbarra. Empanada, panceta, chourizos, pan e, como non, castañas conformaron o groso dun menú no que tampouco faltaron viño, café e licores. O evento tivo lugar ao abrigo dunha carpa instalada no campo da festa e contou coa actuación do dúo Reflejos.

Polo San Martiño, castañas, chourizos e viño
Moi concorrido foi tamén a cita da Xesta, cuns 180 comensais. Á empanada e aos chourizos engadíronlle alí torresmos e lacón asado, amais do postre tradicional, bebida e café. Este magosto é unha tradición asentada na parroquia, só suspendida pola pandemia, do que se viña encargando a comisión de festas. Mais, na súa ausencia, este ano foi cousa da Asociación de Veciños da Xesta, tamén moi activa e que asumirá a organización das festas. A velada seguiu de madrugada cun baile animado polo dúo Punto Cero.

Polo San Martiño, castañas, chourizos e viño
A Asociación Cultural Lalín de Arriba xuntou a unhas 130 persoas no seu segundo magosto, medio cento máis ca o ano pasado. As actividades comezaron á tardiña no centro social co contacontos Celso Fernández Sanmartín e a música dos Dezas de Moneixas. A cea tivo lugar nas antigas instalacións do campo de tiro, cedidas para a ocasión pola Sociedade de Caza e Pesca de Lalín, e incluiu empanada, tortilla, torresmos, chourizos, bebidas, postre e, por suposto, castañas. O dúo Dilema foi o encargado de animar a noite.

Polo San Martiño, castañas, chourizos e viño
No veciño municipio de Silleda houbo festa patronal de San Martiño en Fiestras, con misa solemne seguida dun xantar a base de empanada, churrasco, postre e café, ao que acudiron preto de 60 persoas. Tocaron Os Trasnos de Doade e o dúo Rumbo Norte. Organizou a Asociación Cultural e Veciñal Axóuxere de Fiestras.
Unhas 160 persoas degustaron empanada, callos, carne ao caldeiro, bebidas, postres e café en Cortegada. Organizaron a comisión da Festa da Paella e a Asociación Socio-Cultural de Cortegada, coa colaboración da Asociación Veciñal e Cultural de Cortegada (Avecuco) e do Concello de Silleda.
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- Calamar, pota, potón: ¿Quién pesca el qué, dónde y en qué condiciones?
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- Una odontóloga venezolana y su marido ingeniero hacen cola en el comedor social de Vigo al no poder convalidar sus títulos
- El juez ordena cerrar un piso turístico en Vigo por estar «prohibido» en los estatutos
- Galicia, entre las comunidades que permiten a más alumnos de ESO graduarse con asignaturas no superadas
- El doctor Pintado Albo, el ginecólogo que trajo al mundo a miles de vigueses y al primer 'in vitro'