O primeiro voo da ‘Merla Branca’ a Domusvi
Vinte nenos da bosquescola de Goiás participan nunha actividade na residencia

Intre dunha actividade onte, na residencia. / // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

A Merla Branca é o nome da bosquescola que, situada na parroquia lalinense de Goiás, xestiona o coletivo Educalecrín. Natalia González e Verónica Ledo coordenan unha equipa que aposta por unha formación alternativa, en plena natureza, e onde os nenos descubren a cotío situacións para moitos ordinarias, mais non tanto para as novas xeracións.
Onte foi un día especial para esta comunidade, pois a bosquescola organizou a primeira saída pedagóxica á residencia de maiores Domusvi de Lalín. Foi o centro asistencial o que contactou coa entidade educativa coa intenciónd e que os maiores puideran interactuar cos nenos e por fin chegou o día. Sobre vinte nenos e tres educadoras da Merla Branca desplazáronse ao centro residencial e desde as cinco da tarde leváronse a cabo dúas propostas diferenciadas aínda que desenvolvidas en paralelo. Así, nunha das salas habilitadas para esta xornada levouse a cabo unha sesión de terapia con animais, con dous cans de apoio emocional. Grazas á colaboración prestada por Simón García, os cadelos Skye e Plata, interviron nuha proposta na que nenos e maiores interacuaron con estes dous cans.
Noutra das dependencias deste centro residencial privado crianzas e maiores participaron nunha proposta que neste caso foi deseñada como un obradoiro de creación artística biodegradable. Consisteu na elaboración de clases de figuras de barro e os máis pequenos foron os axudantes dos adultos. Desde o coletivo agardábase que esta xornada fose un tempo «no que lle aportemos amor e complicidade ás persoas maiores, aunando animais e nenos, seres que senpre dan máis amor e alegría do que reciben». Con esta actividade a bosquescola abre o seu ciclo de visitas pedagóxicas.
Desde o seu centro en Cáceme, o coletivo destaca que o contacto coa natureza mellora o beenestar físico e emocional, reforzando a curiosidade y o respeto polo medio ambiente.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un grupo de turistas se monta un picnic bajo las luces de la Navidad de Vigo
- Más de cien vigueses alquilan su coche particular para conseguir un ingreso extra
- Desaparecida en Lalín una mujer de 58 años que padece alzhéimer
- Antía Pinal lleva a Vigo a la final de 'La Voz' y el alcalde pide el apoyo de la ciudad
- Sancionan a 21 empresas de Alsa y Monbus por falsear la competencia
- Indemnización de 135.000 euros para una familia que perdió al bebé que esperaba durante el parto en el Cunqueiro
- El pesquero de los horrores: regresa a Vigo la herrumbre del «Santa Isabel»
- Encuentran el cadáver de la mujer desaparecida en Lalín