Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

De Lalín a Mondoñedo... con volta?

«Escolleuse Mondoñedo por ser un lugar fortemente vinculado á historia e ao patrimonio, e ademais pola relación de Álvaro Cunqueiro con Lalín e con Laxeiro», sinala a concelleira de Cultura de Lalín, Begoña Blanco, sobre a viaxe do Seminario de Estudos de Deza á localidade lucense.

Participantes diante da catedral, retrato de Cunqueiro feito por Laxeiro e visita ao Museo da Fonte.

Participantes diante da catedral, retrato de Cunqueiro feito por Laxeiro e visita ao Museo da Fonte.

Alfonso Loño

Alfonso Loño

Lalín

Membros do Seminario de Estudos de Deza (AED) participaron nunha viaxe a Mondoñedo que semella ser de ida e volta. A recepción dezaos na vila lucense foi valorada pola concelleira de Cultura de Lalín, Begoña Blanco, que na localidade mindoniense xa propuxo a devolución do convite cunha estadía en terras lalinenses.

De Lalín a Mondoñedo... con volta?

De Lalín a Mondoñedo... con volta?

A delegación fixo un percorrido guiado por Armando Requeixo, escritor, crítico literario e investigador galego, nado en Mondoñedo. É profesor na USC, secretario científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e coordinador da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro. A primeira parada foi na Ermida de Nosa Señora dos Remedios. Trátase dunha igrexa barroca construída entre 1733 e 1738 por orde do bispo Sarmiento, que substitúe unha antiga ermida do século XVI. Destaca pola planta de cruz latina, polas bóvedas de canón e pola fachada con torres e inscricións fundacionais. Logo, tras unha parada na alameda, a xornada sigueu polo Hospital da Caridade, edificio asistencial de época moderna, vinculado ao coidado de enfermos e peregrinos que chegaban a Mondoñedo.

De Lalín a Mondoñedo... con volta?

De Lalín a Mondoñedo... con volta?

Na casa do Concello houbo unha recepción a cargo do alcalde, Manuel Ángel Otero. A Praza da Catedral, a Ponte do Pasatempo ou escultura de Álvaro Cunqueiro foron outras das paradas antes xo xantar, no Seminario de Santa Catalina.

Xa pola tarde houbo visita á Casa-Museo Álvaro Cunqueiro. É a vivenda onde o escritor residiu desde finais dos anos 40 ata a súa marcha a Vigo, e onde redactou obras como Merlín e familia ou As crónicas do sochantre. Neste espazo incluso figura unha reprodución dun retrato co que Laxeiro agasallou ao seu amigo Cunqueiro. A Fonte Vella, de estilo renacentista concluída en 1548 baixo o patrocinio do bispo Diego de Soto, concibida para solucionar o deficiente abastecemento de auga da cidade, pero na que figura unha pedra con inscrición romana foi outra das localizacións da xornada. O Museo da Imprenta pon en valor unha tradición impresora que comeza en 1495 coa Breve forma de confesión, o segundo libro impreso en Galicia e un dos primeiros da Península. A xornada rematou no Cemiterio Vello, que acolle as tumbas dos persoeiros máis ilustres de Mondoñedo como Álvaro Cunqueiro ou Pascual Veiga.

Tracking Pixel Contents