Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

¿Plan románico para a fin de semana?

A colaboración veciñal permite visitar as igrexas de Ansemil e Breixa

Interior da igrexa de Santiago de Breixa.

Interior da igrexa de Santiago de Breixa.

REDACCIÓN

Silleda

Grazas ás persoas voluntarias das parroquias de San Pedro de Ansemil e Santiago de Breixa, estes dous templos estarán abertos todas as fins de semana para os visitantes que desexen descubrir dous exemplos de arquitectura medieval, que ademais complementan a visita obrigada ao mosteiro de Carboeiro. O interior das dúas igrexas poderá contemplarse os sábados de 16.00 a 18.00 horas e os domingos de 11.00 a 13.00.

A igrexa prerrománica de San Pedro de Ansemil, moi preto do citado cenobio de Carboeiro, presenta unha planta basilical de tres naves coas súas respectivas ábsidas, e elementos de gran valor histórico e artístico como o sepulcro dos Condes de Deza e a imaxe coñecida como a Virxe do Leite. Pola súa banda, o templo de Santiago de Breixa consta dunha única nave e unha ábsida cuadrangular, así como dun conjxnto escultórico de canzorros.

O Concello agradece a disposición da veciñanza a través do Plan Municipal de Voluntariado, así como a colaboración das entidades parroquiais por contribuir a incrementar deste xeito a oferta turística del municipio. «Coa apertura destes templos, contribúese á difusión e á posta en valor do amplo patrimonio artístico de Silleda», indica la eidl de Cultura e Turismo, Mónica González.

Tracking Pixel Contents