O BNG acusa á Xunta de evitar o mantemento da Tulla de Fafián
Cultura escúsase na propiedade privada deste inmoble declarado BIC en maio
REDACCIÓN
A parlamentaria lalinense Ariadna Fernández reclamou este mércores, na comisión de Cultura e Patrimonio, atención para a conservación dos bens patrimoniais de Deza e Tabeirós-Montes. Puxo como exemplo «de desleixo da administración» o hórreo de Ribela, o mosteiro de Carboeiro ou o pazo de Bergazos. Engadiu a situación pola que pasa a Tulla de Fafián, en Rodeiro, que foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) o pasado mes de maio, pero na que non se avanzou para a súa conservación.
Esta construcción, na actualidade, está semioculta pola vexetación. É unha torre fortaleza levantada no século XV que serviu primeiro como residencia do xuiz da terra de Camba e Rodeiro, e despois como lugar de recollida de rendas. O BNG propuxo que a Xunta a mercase para cederlla ao concello de Rodeiro, pero esta iniciativa «non foi tomada en conta pola Dirección Xeral de Cultura, que se escusou na propiedade privada do ben patrimonial para anunciar que non tomará medidas ata que dende a administración local se localice aos propietarios».
Hai anos que a Tulla de Fafián presenta risco de derrubamento. Ariadna Fernández lamenta que a Dirección Xeral de Cultura acuse ao BNG local de votar en contra, no pasado, de que o Concello de Rodeiro adquirise a Tulla. A parlamentaria engade que «os concellos de pequeno tamaño están infrafinanciados, e non tería sentido comprar a Tulla se iso vai implicar que non se poida prestar o Servizo de Axuda no Fogar, ou que o Punto de Atención á Infancia non poida funcionar para as crianzas».
A parlamentaria do BNG considera que «non hai compromiso de diálogo nin colaboración que sexa capaz de tapar a incapacidade da Xunta de conservar o noso patrimonio, que parece ser unha desgraza para quen nos goberna». Este partido engade que non vai deixar de reclamar «a atención e o investimento necesarios para a riqueza cultural e patrimonial, parte da nosa identidade como galegos e galegas».
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- La Clínica Pintado se despide tras 70 años dando a luz a miles de vigueses
- Una cuidadora que volvía de trabajar y un obrero jubilado: un mortal accidente de tráfico que consterna a todo un pueblo
- Calamar, pota, potón: ¿Quién pesca el qué, dónde y en qué condiciones?
- «A los niños ya no se le caen los dientes»
- La rotura de un colector obliga a cerrar de forma urgente una calle del centro de Vigo durante 15 días
- Un buque ro-ro de 200 metros de eslora solicita asistencia a 8 millas de la ría de Vigo