Lingua e cultura polo San Martiño
Premian a Pilar Bernárdez, Abraham Cupeiro e Ramiro Varela pola defensa do idioma

Os galardoados, onte, no Teatro Principal. | Bernabé/ Javier Lalín
Coincidindo este día coa propia onomástica, A Estrada celebrou onte no Teatro Principal a triséximo quinta edición dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística, que nesta ocasión recaeu no espazo radiofónico O Recuncho da Lingua, así como o músico Abraham Cupeiro e o médico Ramiro Varela Cives.
O Acto arrancou con música a cargo do grupo A Requinta de Lampai, e Chus Fernández Bascuas asumiu a presentaicón dos galardóns, mentres que a encargada da lectura da acta do xurado foi María Ruzo. Pouco despois, comezaron a entregarse as esculturas do artista Manolo Volaverde, que dende hai anos simbolizan este recoñecemento estradense a persoas e entidades qu, dende os máis variados ámbitos, realizan un labor de defensa e normalización da lingua galega.
Iván Sanmartín, integrante do padroado destes premios, entregou o Premio San Martiño no ámbito comarcal a Pilar Bernárdez, encargada de conducir o programa O Recuncho da Lingua dende hai seis anos na emisora municipal Radio Estrada. «Ademais de promover o uso do galegoentre a xente nova e de divulgar a obra de distintos referentes literarios estradenses, este espazo, de periodicidade semanal, é tamén un foco difusor da nosa historia, das nosas tradicións e da nosa cultura popular», sinalou o xurado.
Posteriormente, o concelleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, entregou o Premio San Martiño Galicia Enteira a Abraham Cupeiro, especializado na recuperación de instrumentos ancestrais que utiliza para crear novas sonoridades.
Finalmente, o alcalde, Gonzalo Louzao, fixo entrega do Premio San Martiño a toda unha vida, a Ramiro Varela Cives. O mandatario destacou o seu «traballo discreto pero fondamente transformador».
O acto rematou, de xeito circular, cunha última actuación da Requinta de Lampai.
- Al menos cinco personas estafadas en el área de Vigo por una oferta de empleo publicada en Milanuncios
- Davila 10/12/2025
- La nueva empresa estatal de vivienda elige Vigo para estrenarse: 67 pisos saldrán al mercado de manera inmediata a precio «asequible»
- Un muerto y tres heridos en una colisión frontal en Redondela
- Acoso en las redes y amenazas a una peluquería canina de Bueu por la muerte de un perro
- El Celta cae por aplastamiento
- Hacienda tumba en masa las reclamaciones de marineros por la exención de IRPF
- Viajar de Vigo a Lisboa en tren en menos de seis horas ya es posible