Renovación do contrato con Monfobús para xestionar o recinto feiral de Amio
A.T.
A xunta de goberno local dispuxo este luns emitir orde de continuidade da prestación do servizo do recinto feiral de Amio que mantén, en réxime de concesión a empresa Monfobus ata o 10 de novembro de 2026. A voceira do goberno, Míriam Louzao, puntualizou que se trata dun contrato de «xestión e explotación da totalidade das instalacións do recinto» formalizada en novembro de 1997 con Trapsa por un período de 25 anos, «prorrogables anualmente ata un máximo de 75» e Trapsa cedeu esta concesión a Monfobus.
Louzao apuntou que en 2024 se rexistrou unha afluencia total de 77.868 reses, a maior parte de gando vacún, con 77.080 cabezas e as restantes 788 «corresponden a gando equino, ovino e caprino». «En comparación co exercicio 2023, a concorrencia de gando descendeu en 4.865 reses, unha diminución do 3%». A edil destacou que a pesar desta redución a actividade económica en Amio é «esencial» para a a economía local, polo que se traballa en melloras nas infraestruturas e tamén nunha nova licitación.
Resolucións do Tacgal
O Tribunal Administrativo de Contratación Pública (Tacgal) vén de aceptar o recurso de Segursystem Europa sobre a súa exclusión de dous procedementos: a adxudicación de servizos de vixilancia do Estadio Verónica Boquete e mai9s o mantemento dos sistemas de alarma antiintrusión nos edificios municipais.
A empresa fora excluída por concorrer en prohibición de contratar co sector público máis presentou recurso e solicitou medidas cautelares e o Tacgal acabou por concluír que a empresa debe ser tida en conta no procedemento de contratación, polo que se retrotraen as actuacións do procedemento.
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- El Hotel Bahía logra el «OK» para su reforma: más de 5,4 millones de euros
- La copaternidad llega a Galicia: desconocidos que se hacen amigos para tener un hijo
- El juez ordena cerrar un piso turístico en Vigo por estar «prohibido» en los estatutos
- ¿Por qué conviven vecinos y huéspedes en el Hotel Bahía de Vigo?
- Punto y final a la burla de Cerdedo