Cobre San Rafael fixo 220 entrevistas a futuros traballadores da súa mina
Agora céntrase na procura de electricistas, mecánicos e soldadores

Cobre San Rafael nunha xuntanza informativa.
Marcos Manteiga
Cobre San Rafael, titular da mina Touro-O Pino, aplaude o proceso de recrutamento que está a desenvolver no marco da súa campaña Talento en marcha. Ata o de agora, a compañía leva realizadas máis de 220 entrevistas persoais con persoas interesadas en formar parte da futura operación da mina, que aspira a crear 420 empregos directos, 1.600 cos indirectos.
Durante as últimas semanas, o equipo de traballo de Dest People, empresa de xestión estratéxica de persoas e que acompaña a Cobre San Rafael no deseño e implantación da estrutura organizativa e políticas de xestión de persoas, intensificou o contacto cos perfís profesionais máis demandados nesta segunda fase. Alba Gil, People Project Manager de Dest People, responsable do proxecto, sinala que «o interese pola campaña está a superar as expectativas. Estamos a observar como os perfís locais se adaptan e reorientan as súas competencias, o que nos permite non só cubrir as vacantes necesarias, senón tamén optimizar a colocación de profesionais en postos que se axusten á súa experiencia e motivación actual».
O proceso, que inicialmente se centrou en perfís de movemento de terras, está agora enfocado nos electricistas, mecánicos industriais, caldereiros e soldadores, áreas fundamentais para a posta en marcha das instalacións e para a estrutura inicial do cadro de persoal. No ámbito dos perfís de movemento de terras, Cobre San Rafael completou xa máis de 190 entrevistas con profesionais do sector, ás que se engadirán novas convocatorias derivadas dos currículos recibidos recentemente. Estes postos resultan esenciais para a preparación do terreo e o desenvolvemento das primeiras fases operativas da mina.
En canto aos perfís eléctricos, o equipo de selección realizo xa 15 entrevistas, e seguirase co recrutamento estará centrado en soldadores. Todo este proceso forma parte dunha estratexia de contratación planificada e progresiva.
- Un grupo de turistas se monta un picnic bajo las luces de la Navidad de Vigo
- Más de cien vigueses alquilan su coche particular para conseguir un ingreso extra
- Antía Pinal lleva a Vigo a la final de 'La Voz' y el alcalde pide el apoyo de la ciudad
- Desaparecida en Lalín una mujer de 58 años que padece alzhéimer
- Indemnización de 135.000 euros para una familia que perdió al bebé que esperaba durante el parto en el Cunqueiro
- Sancionan a 21 empresas de Alsa y Monbus por falsear la competencia
- Comunidades de propietarios de Vigo limitan la decoración navideña para controlar el consumo eléctrico
- Apuntalan la casa de Papá Noel en Vigo por riesgo de derrumbe tras chocar un furgón