Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Eladio Cuiña e Jesús Cuñarro ingresan na Orde da Amizade

Homenaxeados e directivos no acto da Orden de la Amistad. |  A.Seijas |

Homenaxeados e directivos no acto da Orden de la Amistad. | A.Seijas |

Madrid

Eladio Cuiña Crespo, licenciado en ciencias económicas e director xeral e cofundador da empresa Inasus e Jesús López Cuñarro o ex xefe da policía local de Lalín, xubilado, xunto a outras oito personalidades civís e militares de diversos puntos de España, ingresaron como damas e cabaleiros de La muy serena y muy noble Orden de la Amistad, que celebrou o seu Capitulo Anual número 99, o pasado xoves en Madrid, onde ten a súa sede social. As distincións, consistentes nunha insignia en prata co logotipo da Orden e un exemplar dos estatutos da mesma, forónlles entregadas polo mestre presidente da asociación, Arturo Espejo Valero, o secretario Pedro Sanz Bachiller, e varios directivos, entre eles o coñecido xornalista, Rodrigo Ramos, delegado da CRTVG e presidente da Casa de Galicia en Madrid, ataviados todos eles coas capas negras, que son a indumentaria que os distingue.

Cristina e Sónsoles Ónega con Cuñarro e a súa dona na  homenaxe. |  A.Seijas

Cristina e Sónsoles Ónega con Cuñarro e a súa dona na homenaxe. | A.Seijas

O empresario lalinense Eladio Cuíña, non puido estar presente por un imprevisto de última hora, polo que o fotoxornalista Manolo Seixas, tamén membro desta orde, quedou encargado de facerlle entrega das distincións en Lalín. No mesmo acto, as irmáns Sonsoles e Cristina Ónega, ben coñecidas xornalistas e comunicadoras, foron distinguidas como comendadoras da Orden de la Amistad, cunha placa de prata, en recoñecemento «ao seu labor profesional e persoal a prol do fortalecemento dos lazos humanos e a difusión dos valores positivos a través dos medios de comunicación».

As irmás Ónega, con Palmoú e señora e directivos. |

As irmás Ónega, con Palmoú e señora e directivos. |

As irmáns Ónega Salcedo, foron nomeadas tamén membros da Asociación de Amigos da Boina, colectivo fundando en Lalín vai para tres anos, onde tamén ten a súa sede social, encargándose de poñerlles a típica prenda os directivos Antón Alonso e Manolo Seixas, coa axuda do membro desta asociación, Xesús Palmoú Lorenzo, que lles fixo entrega de senllos diplomas. Rematados o actos do protocolo houbo un xantar con notable asistencia de personalidades e membros de ambas asociacións.

A.Seijas

A.Seijas

Sónsoles Ónega, foi pregoeira da 52ª da Feira do Cocido, da que é comendadora ao igual que o seu pai, Fernando Ónega, que a maiores é fillo adoptivo de Lalín, con notable presenza de dezaos na Orden de la Amistad, entre eles o párroco de Lalín, Marcos Torres, recentemente nomeado, e maioritaria na Asociación de Amigos da Boina, con sede en Lalín, celebrando as dúas primeiras convocatorias anuais en Silleda e xa prepara a terceira para o próximo día 15, en terras de Chantada.

Tracking Pixel Contents