Silleda honra «a quen loitou polos nosos dereitos»
Na Xornada da Memoria Democrática, o Concello descobre dúas placas nas rúas Víctor Manuel Fraiz Villanueva e Arturo Pérez Lázara. Os monolitos incorporan códigos QR que permiten coñecer a biografía e a loita destes dous veciños executados durante a Guerra Civil.

Actuación do alumnado do CEIP da Bandeira na homenaxe a Víctor Manuel Fraiz Villanueva. / BERNABE/JAVIER LALIN

O BOE publicou onte un listado de 22 lugares na cidade de Ferrol que servirán para declarala Lugar de Memoria Democrática. Esta distinción permitirá unha protección a enclaves dunha urbe que pode servir de símbolo de loita polos dereitos e libertades cando se produciu o golpe de Estado en xullo de 1936.
Pero ao longo do mes son ducias os municipios que organizan actividades en pro desa loita e da Memoria Democrática. Este venres Silleda rendiu unha homenaxe a dous dos seus veciños asasinados durante a Guerra Civil: Víctor Manuel Fraiz Villanueva e Arturo Pérez Lázara. Os dous dan nome dende hai anos a unha rúa da Bandeira e a outra de Silleda, pero dende onte dúas placas con códigos QR permitirán coñecer a través do teléfono móbil os seus perfís biográficos e como foron represaliados.
A xornada arrancou no CEIP Ramón de Valenzuela a media mañá, na rúa que leva o nome de Víctor Manuel Fraiz Villanueva. Nacido en 1887 na Bandeira e morto en 1937 en Vigo, foi un dos mestres máis destacados do Deza en canto á defensa dunha escola pública, galeguizadora e comprometida durante a Segunda República. Abriu o acto a edil de Cultura, Mónica González Conde, que recalcou que estes actos «son unha forma de recoñecer a quen loitou polos dereitos que agora desfrutamos e de facer que a súa memoria siga viva na nosa identidade colectiva. A memoria democrática é unha ferramenta para coñecer o noso pasado recente, pero tamén unha maneira de celebrar o que fomos quen de construir como sociedade».
Interviron tamén Belén Louzao, do sector do ensino UGT-SP, e Guillerme Pérez, da Fundación Luis Tilve. Unha destacou papel de Fraiz Villanueva no sindicalismo, e o outro contextualizouno no movemento obreiro e pedagóxico da época. Este docente foi «un cidadán que cría na libertade e na xustiza e que foi asesinado por soñar cun mundo mellor», en palabras da alcaldesa, Paula Fernández Pena. O acto na Bandeira completouse cunha grabación que puxo voz a unha carta de Fraiz Villanueva escrita a un dos seus irmáns dende a cárcere de Vigo, semanas antes do seu fusilamento no Monte do Castro, coa intervención dunha das súas bisnetas, Silvia Tielas, e cunha actuación musical do alumnado de sexto de Primaria.

Asistentes ao acto na memoria de Arturo Pérez Lázara. / BERNABE/JAVIER LALIN
Pola tarde descubriuse a placa na rúa Arturo Pérez Lázara, diante do campo de fútbol municipal. Pérez Lázara foi fusilado o 21 de outubro de 1936, tras ser detido ao tentar regresar a Bos Aires. Tiña só 26 anos. Pérez Lázara era fillo de emigrantes silledenses en Arxentina e traballou como reloxeiro. Destacou tamén pola súa intensa actividade sindical e pola súa participación na vida social e política da localidade. Na honra do seu legado interviu o historiador Manuel Igrexas, e acudiron tamén familiares. A Xornada de Memoria Democrática en Silleda completouse coa proxección do filme Consello de Galicia, dirixido por Xan Leira. Este documental aborda a historia do goberno galego no exilio. Ao seu remate,e staba previsto un coloquio co director, que firma outras pezas documentais como Castelao e os irmáns da liberdade (2001) ou Alexandre Bóveda, unha crónica da Galicia mártir (2004).
- Un grupo de turistas se monta un picnic bajo las luces de la Navidad de Vigo
- Más de cien vigueses alquilan su coche particular para conseguir un ingreso extra
- Desaparecida en Lalín una mujer de 58 años que padece alzhéimer
- Antía Pinal lleva a Vigo a la final de 'La Voz' y el alcalde pide el apoyo de la ciudad
- Sancionan a 21 empresas de Alsa y Monbus por falsear la competencia
- Indemnización de 135.000 euros para una familia que perdió al bebé que esperaba durante el parto en el Cunqueiro
- El pesquero de los horrores: regresa a Vigo la herrumbre del «Santa Isabel»
- Encuentran el cadáver de la mujer desaparecida en Lalín