Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Antón Losada quenta motores

O alumnado posa coa súa creación.

O alumnado posa coa súa creación.

REDACCIÓN

A Estrada

O IES Antón Losada Diéguez da Estrada quenta motores para participar o vindeiro xoves 13 de novembro na Barreiros E-Motion Urban Race, que se celebrará na zona deportiva da vila. Trátase dunha competición de vehículos eléctricos creada pola Xunta de Galicia a través do Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros, coa que se busca fomentar a mobilidade sostible, a creatividade e o talento técnico do alumnado de Formación Profesional.

O equipo estradense estará formado por estudantes de 1º do ciclo básico de Mantemento de Vehículos, que levan semanas traballando no deseño e montaxe dun prototipo eléctrico elaborado dende cero nas instalacións do instituto. O seu vehículo medirá forzas con outros dunha ducia de centros de toda Galicia, nunha xornada que combinará deporte, innovación e traballo en equipo.

O equipo estará coordinado departamento de Transporte e Mantemento de Vehículos, que dirixe David Rodríguez.

Tracking Pixel Contents