Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A regueifa cruza a raia e namora á pequena pantalla

Seis repentistas participan un programa da Rádio e Televisão de Portugal

África, India, Maré, Tegra, Eva e Estrela, nos estudos da televisión portuguesa en  Viana do Castelo.

África, India, Maré, Tegra, Eva e Estrela, nos estudos da televisión portuguesa en Viana do Castelo. / Cedida

Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

Vila de Cruces

A improvisación oral galega, a regueifa, estivo a piques de desaparecer a comezos deste século, pero grazas a iniciativas como o seu ensino como materia optativa no IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces, hoxe en día conta xa con centros de practicantes e con citas entre centros educativos, como o Certame Escolar de Regueifa de Valadares, en Vigo, que se celebra hoxe. A el acudirá unha comitiva do instituto cruceño, que tamén ten axendado un obradoiro na Facultade de Ciencias da Educación o vindeiro xoves.

O alumnado e exalumnado de regueifa está moi acostumado a improvisar en público, e dende agora tamén a saír na televisión. Este mércores África e India García Lorenzo, xunto á súa compañeira Eva García Taboada e os docentes Carmen Frade e Sechu Sende, viaxaron ata a localidade portuguesa de Viana do Castelo para grabar o programa Domingo há desgarrada, da Rádio e Televisão de Portugal.

As seis repentistas, durante a grabación do programa.

As seis repentistas, durante a grabación do programa. / Cedida

Xunto ás tres mozas improvisadoras de Cruces tamén interviron outras tres regueifeiras de Santiago e do Courel: Maré a Muda, Tegra Romeo e Estrela do Courel. O programa foi filmado nos estudos da Finca do Santoinho e emitirase este domingo pola canle autonómica lusa, ás 17.00, hora portuguesa.

Incendios e feminismo

A embaixada galega, durante a grabación, estivo acompañada por Augusto Canário e Xico Malheiro, dous referentes dos ‘cantadores ao desafío’ e da ‘desgarrada’, os estilos portugueses similares á regueifa, pois tamén se centran na improvisación dos temas que van xurdindo. No caso do espazo televisivo portugués, as repentistas galegas abordaron cuestións moi actuais como os incendios forestais, as plantacións de eucaliptos, o fascismo ou o feminismo.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents