ACentral Folque presentará dúas publicacións no Casino de Lalín
REDACCIÓN
ACentral Folque presentará en Lalín dúas novas publicacións dentro do seu catálogo editorial 2025: arte menor, de Susana Sanches Arins, e Tocadoras do Val do Dubra, de Carlos Rey, David Fontán e Lucía Santiago, con transcricións musicais de Benxamín Otero. O acto terá lugar o vindeiro xoves, ás 20:30 horas, no Círculo de Recreo, e contará coa participación de Celso F. Sanmartín, Arins e Otero, nunha conversa sobre os procesos de investigación, recuperación e creación arredor da memoria sonora e da tradición popular galega.
Tocadoras do Val do Dubra é un ensaio que rescata o legado das tocadoras desta área coruñesa, recuperando gravacións históricas de grande valor patrimonial inéditas ata hoxe. Arte menor é un poemario que recolle a aventura de sete mulleres que deciden asistir a aulas de pandeireta e canto tradicional; reivindica o traballo comunitario e a forza das mulleres do rural, dunha tradición viva e en transformación.
- Hacienda tumba en masa las reclamaciones de marineros por la exención de IRPF
- Un muerto y tres heridos en una colisión frontal en Redondela
- Revés para un desarrollo urbanístico clave en Vigo, al exigir la Xunta un examen ambiental más riguroso
- El Celta cae por aplastamiento
- «Fóiseme a olla, prendinlle lume á miña exmoza»
- Ordenan investigar la fuga de gases cancerígenos en el IEO de Vigo
- Portugal se engalana de Natal: diez ciudades de cuento por Navidad
- La nueva empresa estatal de vivienda elige Vigo para estrenarse: 67 pisos saldrán al mercado de manera inmediata a precio «asequible»