«A Bienal Pintor Laxeiro é para gozar e para disfrutar de algo placenteiro»
O catálogo da XVII Bienal Pintor Laxeiro, titulada «Paisaxes e sombras», será presentado mañá no Museo Ramón María Aller de Lalín. O acto incluirá unha mesa redonda con destacadas figuras do ámbito artístico e museístico galego. Mónica Alonso (A Fonsagrada, 1970) formará parte dela na compaña de Manuel Quintana Martelo, comisario da mostra, e Miguel Fernández-Cid, director do MARCO

Mónica Alonso estará mañá no Museo de Lalín.
Estudou Belas Artes na Universidade de Salamanca na especialidade de Escultura, tendo como profesores a Fernando Sinaga e a Concha Jerez. No ano 2022, a artista Mónica Alonso é nomeada Académica de número da Academia Galega de Belas Artes.
—Que lle parece a mesa redonda na que vai participar en Lalín?
Estou contentísima porque terei uns compañeiros de luxo a os que admiro moito. Entón estar con eles nunha mesa redonda falando de arte é algo maravilloso.
—Estrease como artista na Bienal Pintor Laxeiro de 2025?
A verdade é que si. Participei fai moitísimos anos cunha obra nun certame organizado polo Concello, pero efectivamente é a miña primeira vez na Bienal Laxeiro.
—Gústalle a proposta do certame deste ano en Lalín?
A min paréceme unha bienal moi completa e moi para gozar porque penso que a arte debe de ser para o espectador e as pezas son todas como dunha mensaxe moi clara, son pezas que teñen discurso e entón están moi ben porque o espectador disfrutará de algo placenteiro, de deixarte levar.
—Como describiría a peza coa que participa nesta mostra?
Eu cedín unha obra interactiva que leva por título A tristeza de outro ou outra na que os espectador para vela ten que entrar nun espazo escuro, nunha especie de corredor negro, cunha linterna. Ten que coller a linterna e entrar para descubrir un espazo en negro cun debuxo que representa o cuarto dun estudante con a súa cama, unha cadeira, a súa mesa e tamén un ordenador. Está totalmente cheo de desorde. Resenta a unha persoa que non está ben porque todo o que o rodea é un caos de obxectos. E xa non é tanto desorde real que non desorde opcional. É a sorpresa de atoparte co cuarto desa persoa e coa opción de imaxinarte o que lle pode estar pasando a esa persoa. Espero que guste aos espectadores que visiten a bienal de Lalín.
—Cal é o papel das actuais bienais como plataformas da arte contemporánea?
Penso que todo se ten que ir restructurando. Sobre todo adaptando as novas formas de presentar e de ver. A min as bienais me seguen parecendo importantes e interesantes porque tratan un tema, hai un ha reflexión por parte do comisario e acostuman a ter obras moi destacadas. Todo este conxunto de bienal paréceme moi atractivo e penso que no caso de Lalín manténse ese concepto.
—Mantén o seu status de investigadora artística e terapeuta?
Adícome a investigación artística e o de terapeuta o teño un pouco esquecido pero bueno sigo sendo terapeuta porque aplico a teoría a persoas individuais. Penso que acadei o coñecemento suficiente como para poder dialogar con outra persoa e entender a construcción espacial. Agora estou deseñando espazos propicios para unha persoa en concreto. Entón, eu síntome moi cómoda porque como debuxo e podo interpretar o que pensa o que se imaxina ou o que foron os seus espazos do pasado, traballo a verdade que moi cómoda. O outro día nunha conferencia que din me dixeron unha cousa que si me pareceu tamén moi interesante. O meu método e propio, é meu e tamén falaban da intuición, moi de terapeuta, de persoa moi preparada e que coñece. Estou moi contenta de chegar a ese punto de ser capaz de consturir dende a arte e tamén ter a capacidade da intuición.
—Como vai ser a mesa redonda da Bienal Pintor Laxeiro?
Eu a verdade creo que vai a ser moi interesante porque está o comisario, que vai a falar do proxecto, da selección das obras e de todas esas cousas que non se din todas na inauguración. As persoas asistentes van ter a oportunidade de profundizar e ter un coñecemento moito máis sensible de todas as obras que hai.
—Como valora a presenza en Lalín do director do MARCO?
Escribiu o texto do catálogo que tamén vaise presentar e paréceme moi interesante porque presenta a bienal dende esa parte máis de historiador contemporáneo no sentido de que sabe moi ben que contexto manexa e sabe falar dende ese contexto. Entón, penso que tamén vai ser moi interesante porque vai explicar toda esa parte de relación entre unhas obras e outras e o discurso da bienal. E despois, eu podo aportar máis esa parte de creación ou que puden aportar eu cando Quintana Martelo chamoume para participar na bienal. Foi cando lle fixen unha proposta de construir un espazo para expoñer a miña obra porque é unha instalación específica para a Bienal Pintor Laxeiro deste ano en concreto.
—Entón, pode ser máis amena que noutros casos, ¿non si?
Penso que vai ser moi interesante para o espectador porque moitas veces esa parte como máis técnica pois tamén revela moito o diálogo que hai entre o comisario e o artista. Para que se de a circunstancia de crear esta obra ten que ser un diálogo no que as dúas partes se entenan moi ben. Entón, eu creo que os tres puntos de vista da mesa redonda da Bienal Pintor Laxeiro van a presentar moi ben o que é a bienal dende distintas persectivas, dende o artista, o historiador e dende o comisario. Para o espectador vai a estar moi ben porque vai obter información que non obten só vendo a bienal.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un grupo de turistas se monta un picnic bajo las luces de la Navidad de Vigo
- Más de cien vigueses alquilan su coche particular para conseguir un ingreso extra
- Antía Pinal lleva a Vigo a la final de 'La Voz' y el alcalde pide el apoyo de la ciudad
- Desaparecida en Lalín una mujer de 58 años que padece alzhéimer
- Sancionan a 21 empresas de Alsa y Monbus por falsear la competencia
- Comunidades de propietarios de Vigo limitan la decoración navideña para controlar el consumo eléctrico
- Indemnización de 135.000 euros para una familia que perdió al bebé que esperaba durante el parto en el Cunqueiro
- El pesquero de los horrores: regresa a Vigo la herrumbre del «Santa Isabel»