Máis de 75 anos da Santa María da Saleta en Xaxán
A devoción remóntase a finais do século XIX, cando se creou a nova parroquia, en 1890

Imaxe da Virxe na proccesión do ano pasado. | Parroquia de Xaxán
daniel fernández díaz
Xaxán celebra á súa Patroa, Santa María da Saleta, consolidando a recuperación dunha tradición interrompida hai máis de 75 anos A parroquia de Xaxán (Lalín) celebrará este sábado a súa patroa cunha misa solemne, procesión e magosto veciñal, consolidando a recuperación dunha festa que deixara de celebrarse durante máis de setenta e cinco anos. A misa solemne terá lugar ás 13:00 horas na igrexa parroquial, presidida polos sacerdotes saletinos José Catanga e Amador, coa participación da veciñanza.A continuación realizarase a procesión coas imaxes da Virxe da Saleta, San Benito San Cristovo e San Martiño, seguindo o percorrido tradicional ata o cruceiro, se o tempo o permite. De seguido, ás 14:30 horas, celebrarase o magosto veciñal organizado pola comisión de festas, amenizado coa música de Pachi Sow, no local social. A devoción á Virxe da Saleta en Xaxán remóntase a finais do século XIX, cando se creou a nova parroquia en 1890.
Segundo recolle o cronista oficial de Lalín, Daniel González Alén, foi unha romaría moi concorrida ata mediados do século XX, e a súa recuperación supón devolver á parroquia unha tradición profundamente enraizada. A presenza dos sacerdotes saletianos, con experiencia misioneira en África, dá un sentido especial á celebración, recordando o carácter universal da mensaxe da Virxe: a reconciliación, a paz e a esperanza. A comunidade de Xaxán expresa o seu agradecemento ós sacerdotes que serviron ou serven na parroquia, mantendo viva a vida relixiosa.
En tempos de escaseza de sacerdotes, cada misa celebrada no rural, son un verdadeiro agasallo, este fin de semana moito máis o ser a festa da patroa. Na actualidade ca falta de vocacións os sacerdotes son misioneiros do século XXI, chamados a levar esperanza, fe e vida ás comunidades.
E nós, os laicos, estamos chamados tamén a facer Igrexa xunto a eles, colaborando para manter viva a fe e tradicións nas nosas parroquias. Nesta nova etapa de reestruturación parroquial, todos –acerdotes e laicos– estamos chamados a camiñar xuntos, para que a Igrexa siga sendo unha fonte viva de fe e encontro.
- Cambio de rumbo para las cabañas turísticas de Bueu, que salen a la venta
- Al menos cinco personas estafadas en el área de Vigo por una oferta de empleo publicada en Milanuncios
- Davila 09/12/2025
- Las denuncias al presidente de la diputación de Lugo por acoso sexual: «Me dijo que debía acostarme con él si quería ser funcionaria»
- Davila 10/12/2025
- Acoso en las redes y amenazas a una peluquería canina de Bueu por la muerte de un perro
- Sandra Osorio, la campeona de España de pesca submarina que aprendió sola en Vigo: «Era un deporte de hombres y nadie quería venir conmigo»
- Vigo cambiará todas las placas de sus calles, pero ¿qué ocurrirá con las que tienen valor histórico?