Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Estrada rende tributo a Juan Pardo

Antonio Barros e Ialma presentan no Teatro Principal o concerto «Anduriña» na honra do cantante e compositor galego | O espectáculo será este venres

Seoane, onte, en videoconferencia cos artistas para presentar o evento.

Seoane, onte, en videoconferencia cos artistas para presentar o evento.

A Estrada

O Teatro Principal da Estrada acolle mañá ás 20.30 horas o concerto tributo a Juan Pardo, «Anduriña», de Antonio Barros, gañador do concurso da Televisión de Galicia ‘O sucesor de Juan Pardo’, e a arranxista e pianista Ialma. A entrada, xa á venta, ten un prezo de cinco euros, e o espectáculo promete ser unha das grandes estreas da programación de outono na localidade.

A concelleira de Cultura, Lucía Seoane, presentou onte o evento nun acto no que tamén interviron a través dunha videoconferencia ambos artistas. A edil lembrou o forte vínculo que une a Pardo co concello estradense y invitou a todos os veciños e veciñas a achegarse ao auditorio municipal mañá pola tarde para desfrutar da actuación.

Pola súa banda, Barros agradeceu ao Concello a invitación a presentar o seu concerto tributo na vila, e asegurou sentirse «como na casa» cando visita esta localidade. Sen facer grandes spoilers adiantou que «Anduriña» non é un espectáculo calquera, senón que busca interactuar co público e facelo sentir partícipe durante o tempo que dura a posta en esce. «Aquí non nos serve con que a xente se sente a escoitarnos e aplauda ao final, queremos que todos se sintan parte do concerto», dixo, a través da pantalla. Xunto a el estaba Ialma, a persoa encargada de realizar os arranxos ás diferentes cancións do emblemático artista ao que se lle rendirá homenaxe este venres. Ela aproveitou para afondar na parte técnica do show, expoñendo: «A nosa idea é ser o máis fieis posible aos temas orixinais, xa que como ben é sabido, Juan Pardo era tamén un magnífico produtor, pero neste caso sobre o escenario só estará a voz de Antonio Barros e o meu piano».

Ambos se atopan estes días de xira con «Anduriña», e agardan que o público estradense desfrute tanto deste proxecto como o están facendo noutras vilas. «Pensamos que vai ter moi boa acollida, porque estas son as sensacións que nos transmiten os asistentes ás actuacións que vimos facendo ata o de agora», anotou Barros.

Para rematar, lembraros que o prezo, de cinco euros, busca ser asequible para todos os bolsillos, asegurando así que o entremento e a música esté ao alcance de todos.

Tracking Pixel Contents