Unha ópera en tres actos
O proxecto LÓVA converteuse en pouco tempo nunha das sinais de identidade do colexio Pérez Viondi. No seu terceiro ano de vida, a compañía de ópera creada no centro escolar estradense xa prepara o seu terceiro espectáculo e faino co apoio material da ANPA.

Alumnos de quinto de Primaria posan nas escaleiras do colexio con material doado pola ANPA.
Por terceiro curso consecutivo, o CEIP Pérez Viondi leva a cabo o proxecto LÓVA (La Ópera, un Vehículo de Aprendizaxe) co alumnado de 5º de Primaria. Neste novo curso a compañía conta con vinte rapaces, que están asesorados por cinco mestres. O obxectivo final será a posta en escena dunha ópera orixinal. Neste terceiro ano a compañía levará por nome «Os viaxeiros no tempo» e o novo espectáculo xirará en torno ao tema dos «desacordos».
Trátase dunha proposta educativa que desenvolve múltiples competencias e axuda aos nenos e nenas a medrar como persoas, fomentando a creatividade, o traballo en equipo, a empatía e a responsabilidade compartida. Para acadar estes obxectivos, os alumnos que participan nesta iniciativa deben crear e poñer en marcha unha compañía artística, preparando desde cero un espectáculo de ópera que finalmente se estrea fora do centro.
Aínda que contan con asesoramento, son os rapaces os que deben realizar todas estas labores pola súa conta. Isto permítelles gañar autonomía, resolución e desenvoltura para enfrontarse a cada reto, traballando con dinámicas que lles axudan a mellorar a súa cooperación e a funcionar como un equipo.
Agradecemento á ANPA

No Teatro Principal, na preparación da ópera do ano pasado.
Neste curso, o centro quixo expresar o seu sinceiro agradecemento á ANPA Pérez Viondi pola súa doazón de material, fundamental para seguir enriquecendo a vida escolar. Grazas á súa colaboración, a biblioteca escolar conta con novos recursos que alimentarán o gusto pola lectura e o descubrimento, e tamén con material manipulativo para traballar as matemáticas dunha forma máis práctica e significativa.
Parte da achega da ANPA destinarase ademais a dar continuidade ao proxecto LÓVA, consolidando así unha iniciativa que xa se converteu nun sinal de identidade do centro. O profesorado e o alumnado do CEIP Pérez Viondi agradecen profundamente o compromiso da ANPA, «que unha vez máis demostra o seu apoio constante e o seu papel esencial na mellora da calidade educativa e da vida escolar».
A gran estrea está prevista para finais de curso, así que nenos e mestres teñen por diante meses de traballo para dar forma ao seu espectáculo.
Suscríbete para seguir leyendo
- El primer ‘coliving’ de Vigo estará en Bouzas y tendrá gimnasio y piscina
- Mueren en la misma semana los padres de Mari Carmen, la tripulante desaparecida en el “García del Cid”
- Los dueños del colegio Atalaya deben devolver 180.000 euros que les prestaron 5 docentes por hacerlos indefinidos
- Lorena, madre de prematuras: «En Vigo tenemos una unidad de neonatología top; sienten a los bebés como propios»
- Un autobús se hunde en plena avenida de Madrid tras ceder el asfalto
- Lalín estrena curas
- La avanzadilla turística, inmune a la borrasca: «Escuchamos tanto hablar de la Navidad de Vigo que teníamos que venir a verla»
- La fiscalía rechaza el recurso del astillero Damen: irá a juicio por saltarse el veto a Rusia