Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Presentan a reedición da obra «Castelao en Cuba», de Xosé Neira Vilas

REDACCIÓN

Vila de Cruces

A librería Pedreira, en Santiago de Compostela, acolle esta tarde (ás 19.30 horas) a presentación da reedición de Castelao en Cuba, unha investigación escrita por Xosé Neira Vilas e que foi publicada por primeira vez en 1983 da man de Edicións do Castro. Esta reedición ten lugar dentro dos actos do Ano Castelao. Neira Vilas dedicou a Castelao en Cuba máis de dez anos, dende que abordou o primeiro borrador do seu traballo, a pescudar na pernsa e n documentación da época sobre a estadía de Castelao na illa entre 1938 e 1939, ademais da segunda viaxe que fixo en 1945. O relato recolle, desta maneira, os mítines que deu Castelao por distintas localidades cubanas e a súa participación en actos para recoller apoios para a causa republicana da Guerra Civil. A edición inclúe un emotivo texto de Anisia Mirada, que de nena asistiu a un destes encontros en Ciego de Ávila. A Fundación Neira Vilas recalca que ésta é unha lectura imprescindible para entender a pegada de Castelao.

Tracking Pixel Contents