O Corpiño e Madriñán terán magostos o vindeiro sábado
REDACCIÓN
En plena época de magostos, as parroquias lalinenses do Corpiño e Madriñán programan senllas celebracións para o vindeiro sábado, 8 de novembro.
O local social do Corpiño, en Santa Baia de Losón, acollerá a partir das 21:30 horas unha cea a base de empanada, panceta, chourizos, postre, castañas, bebidas, café e queimada. Os tickets, a 20 euros para adultos a 10 para nenos (ata 12 anos), poden adquirirse, ata o mércores, día 5, nos bares San Martín, Montoto e O Corpiño e a través dos membros da comisión de festas. Haberá verbena co dúo Punto Zero.
O XVIII Magosto de Madriñán inclúe cea con chourizos á parrilla e ao viño, panceta, criollos, postres feitos polos veciños, pan, café e bebidas, a 10 euros por comensal, gratis para os menores de 10 anos. As reservas poden facerse na Taberna de Penalta ata mañá, mércores. A partir das 21:30 amenizará Bico da Balouta, a través do programa provincial Culturea. Organiza a Asociación Veciñal Sociocultural San Adrián.
- Homicidio en la estación de autobuses de Vigo: «Llama a la Policía que mataron a Roberto, está lleno de sangre»
- La víctima del crimen de la vieja estación de autobuses de Vigo estaba indefensa y recibió cuchilladas en cuello, tórax y costado
- Declarar las capturas de recreo, obligatorio hasta si no se pesca
- Una vuelta de tuerca inesperada
- La Diputación de Pontevedra, dispuesta a financiar Balaídos para el Mundial 2030 «si hay planificación»
- Ofrenda floral ante la chabola del crimen de la estación de autobuses de Vigo
- «Si se apoyasen nuestros ensayos clínicos, los pacientes gallegos tendrían más oportunidades»
- La Xunta niega la jubilación a un profesor de Vigo con una depresión «irreversible» diagnosticada por tres especialistas