Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Fortín da Pomba fixa asemblea o día 15 para decidir o seu futuro

A asociación de baile xuvenil Fortín da Pomba, con base na Bandeira (Silleda), pretende retomar a súa actividade logo duns tres anos de parón. Con ese motivo, a súa directiva reuniuse o pasado sábado e acordou convocar unha asamblea xeral, que terá lugar o día 15 de novembro, ás 10:30 horas, na Aula A do Auditorio Municipal Manuel Dopazo. A orde do día inclúe lectura da acta anterior, estado de contas, dimisión da actual xunta directiva e presentación da nova ou, no seu caso, inicio do proceso de disolución da asociación, e a ronda final de rogos e preguntas. A súa presidenta, Denise Varela, convida a todas as persoas interesadas en continuar coas actividades de Fortín da Pomba a que acudan á reunión.

Tracking Pixel Contents