Cira celebra do 13 ao 15 a súa 47ª Semana Cultural cunha cea, maxia, música e xogos
REDACCIÓN
A parroquia silledense de Cira acollerá do 13 ao 15 de novembro a súa 47ª Semana Cultural. Fiel ao espírito participativo e familiar que a caracteriza, incorpora propostas de música, lecer e convivencia interxeracional. Organiza a Asociación Veciñal Santa Eulalia coa colaboración da Concellería de Cultura de Silleda e da Deputación de Pontevedra.
A programación arrincará o xoves 13, ás 20 horas, coa actuación do Mago Deimi, que traerá un espectáculo de maxia para todos os públicos. O venres 14, ás 20:30, será a quenda da Unión Musical da Ponteledesma, que ofrecerá un concerto co seu habitual repertorio de pezas populares e clásicas.
O sábado 15 haberá actividades tanto para maiores como para a cativada. A partir das 16 horas disputarase o campionato de tute, con inscrición gratuíta, e ás 16:30 horas desenvolveranse sesións de animación infantil e manualidades acompañadas dunha merenda para as crianzas. A xornada e o ciclo pecharanse esa noite cunha cea-baile de confraternidade, amenizada polo trío Fusión Latina, con menú da Pulpería Crisóstimo (pulpo, orella, churrasco, sobremesas, viño, refrescos e chupitos), a un prezo de 32 euros. As persoas interesadas poden anotarse na Taberna González ata o xoves 13.
A concelleira de Cultura de Silleda, Mónica González Conde, resalta «o mérito e a continuidade» do ciclo, que «case 50 anos despois mantén vivo o espírito comunitario e cultural».
- El primer ‘coliving’ de Vigo estará en Bouzas y tendrá gimnasio y piscina
- Mueren en la misma semana los padres de Mari Carmen, la tripulante desaparecida en el “García del Cid”
- Los dueños del colegio Atalaya deben devolver 180.000 euros que les prestaron 5 docentes por hacerlos indefinidos
- Un autobús se hunde en plena avenida de Madrid tras ceder el asfalto
- Lalín estrena curas
- La avanzadilla turística, inmune a la borrasca: «Escuchamos tanto hablar de la Navidad de Vigo que teníamos que venir a verla»
- La fiscalía rechaza el recurso del astillero Damen: irá a juicio por saltarse el veto a Rusia
- El Celta no se rinde con Mingueza