Arranca en Silleda ACTIVA-DAS para mulleres con discapacidade

Primeira sesión do obradoiro, onte, no centro xuvenil. | Bernabé
O Concello de Silleda iniciou onte unha nova edición do programa ACTIVA-DAS: claves para o apoderamento das mulleres con discapacidade, promovida polo Centro de Información á Muller (CIM) en colaboración coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar) e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami). As sesións celébranse tamén o mércores e venres desta semana, en horario de 10 a 13 horas, na Casa da Xuventude.
O programa, dirixido a mulleres con discapacidade, busca fortalecer a súa autoestima, mellorar as habilidades sociais e fomentar o apoderamento persoal e colectivo. Aborda a resolución de conflitos e a sensibilización fronte ás violencias cara as mulleres con discapacidade no ámbito das TIC. «Con programas coma este seguimos avanzando cara a unha sociedade máis inclusiva e igualitaria, poñendo o foco nas capacidades, na autoestima e na participación activa das mulleres», valora a concelleira de Benestar e Igualdade, Ángela Troitiño. Conta co financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade.
- Marisco de Canadá, Portugal y Marruecos devuelve el producto gallego de la lonja al mar: «Hay gente que lo vende como si fuese de aquí»
- Condenan a un supermercado a indemnizar a 76 trabajadores gallegos por practicar «esquirolaje organizativo» durante una huelga
- Fortaleza de Chocolate en Portugal: la tentación más dulce de Valença regresa por Navidad
- Toralla prohíbe los pisos turísticos antes de la apertura de la isla a Vigo
- Oceanográficos tiran «cientos de kilos» de pescado al mar por el veto al quiñón
- Augas alerta al Concello ante el «riesgo de desabastecimiento de más de 400.000 personas» en Vigo
- El Concello de Vilagarcía cierra de manera cautelar un pub de la zona TIR
- La alta demanda para retirar el amianto de construcciones eleva meses la espera