Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Vedra acolle a exposición de fotos de Faílde sobre Agolada

REDACCIÓN

Agolada

A exposición itinerante A parroquia para sempre: Jesús Faílde Oro. Memoria gráfica das xentes de Agolada poderá visitarse no centro sociocultural do concello coruñés de Vedra dende este sábado, 1 de novembro, ata o día 15. A mostra conta con máis de 40 fotografías sacadas entre os anos 1950 e 1960. Recolle momentos como a preparación para a visita do bispo de Lugo, o traballo da malla, as festas en Basadroa ou as vacacións de verán de emigrados a Cuba.

Esta mostra foi inaugurada no ano 2022 nos Pendellos de Agolada, e puido verse tamén en Lalín, Ponteceso e, durante esta semana, no Espazo Activo Ulla, en San Miguel de Sarandón, tamén no municipio de Vedra. As institucións e espazos de arte interesados en acollela poden enviar un correo ao enderezo exposicions@consellodacultura.gal.

Tracking Pixel Contents