Teño uns compañeiros de medo
O Figueiroa expón nos seus xardíns unha amplia mostra de espantallos de Samaín

O alumnado de infantil, entre as ornamentacións..
O CEIP de Figueiroa, en A Estrada, vive estes días unha auténtica festa de cor, creatividade e tradición. Co gallo do Samaín, todo o centro –desde a entrada ata os corredores e mesmo o patio ornamental– quedou completamente cuberto de cabazos, espantallos e decoracións terroríficas feitas polas familias do alumnado.

Teño uns compañeiros de medo / N.C.
A responsable da iniciativa é María Blanco Corrales, mestra de Infantil e encargada da biblioteca escolar, quen destaca a enorme resposta das familias: «Mandamos unha nota explicando como iamos celebrar o Samaín e o Magosto, e pediamos colaboración para conseguir unha eira terrorífica. A verdade é que a participación foi bestial», comenta entre risas.

Teño uns compañeiros de medo / N.C.
A actividade, que xa é unha tradición no colexio, cobrou este ano unha dimensión especial. Aínda que noutras edicións os cabazos estiveron vinculados ao proxecto anual do centro –como a música, o deporte ou as olimpíadas–, nesta ocasión deixouse liberdade total á creatividade das familias. Só se lles suxeriu un fío condutor: o proxecto anual Labregas, co que o centro traballa valores relacionados coa agricultura e o papel das mulleres no rural, coincidindo co próximo Ano Internacional da Muller Labrega (2026).

Teño uns compañeiros de medo / N.C.
«Pensamos que en todas as casas dunha labrega hai unha eira, así que este ano queriamos que fose unha terrorífica», explica a docente. O resultado fala por si só: centos de cabazos decorados, moitos deles con motivos rurais e tradicionais, enchen o colexio.
O éxito foi tal que se organizou un concurso de espantallos para premiar a orixinalidade das creacións. Un pequeno xurado de profesorado será o encargado de elixir o gañador, que se dará a coñecer mañá, coincidindo coa celebración do Magosto e a festa de Samaín.
A profesora recoñece que este é un ano de récord, tanto pola participación como pola extensión do decorado: «É a primeira vez que o patio se ve tan arrebolado de cabazos e adornos. Da moito xogo, xa que é un espazo no que normalmente non acceden os nenos».
Así, entre cabazos labregos, espantallos e fantasmas, oFigueiroa demostra unha vez máis o potencial dunha comunidade educativa unida e involucrada, que desta volta conseguiu tornar os xardíns escolares nun auténtico parque temático.

Teño uns compañeiros de medo
Obradoiros e música na festa de Raparig@s
Por outra banda, a ANPA Raparig@s do CEIP Plurilingüe de Silleda celebrará este venres 31 de outubro a súa festa de Samaín, dirixida aos da asociación. A actividade, que terá lugar no pavillón César González Fares de 09.30 a 13.30 horas, servirá tamén como medida de conciliación para as familias ao coincidir cun día non lectivo. Máis de 120 rapaces participarán nunha mañá chea de diversión con obradoiros terroríficos, pintacaras, taller de cociña, bingo, mesa de pocións máxicas e a actuación do mago Charly Braun. O prazo para asociarse segue aberto ata o 31.
Suscríbete para seguir leyendo
- El encendido de las luces de Navidad de Vigo en primera línea: aforo limitado y solo cuatro accesos a Porta do Sol
- Detenido un vecino de Vigo que estaba lanzando botellas de cristal desde una planta de Vialia hacia la plaza de los cines
- Saca fotos «furtivas» para denunciar la casa de sus vecinos en Nigrán y acaba condenado por violar su intimidad
- Los últimos porteros de Vigo
- «No trato de ser espiritual, para eso ya hay grandes santos»
- La colosal Navidad de Vigo al desnudo: guía completa para disfrutar de sus 12 millones de luces
- Fortaleza de Chocolate en Portugal: la tentación más dulce de Valença regresa por Navidad
- La Policía investiga si la agresión de un compañero de residencia causó la muerte de Encarnita Polo