O Recuncho da Lingua, Ramiro Varela e Abraham Cupeiro, Premios San Martiño
Os galardón recoñecen o uso e defensa do galego nos ámbitos comarcal, galego e durante toda unha vida | A entrega terá lugar o 11 de novembro, ás 20.00 horas, no Teatro Principal
O Teatro Principal da Estrada acollerá o vindeiro 11 de novembro ás 20.00 horas os Premios San Martiño de Normalización Lingüística. Nesta trixésimo quinta edición, os tres galardoados serán Pilar Bernárdez, de O Recuncho da Lingua, Abraham Cupeiro e Ramiro Varela Cives. Promovidos polo Concello da Estrada, estes premios galardoan o traballo a prol da lingua galega en tres ámbitos: na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, no ámbito galego e no contexto de toda unha vida. O xurado estivo conformado por Lucía Seoane, Iván Sanmartín, José Parada, Henrique Vázquez, Xosé Lueiro e María Sanmartín.
O premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós-Terra de Montes recaerá no programa de dinamización lingüística e cultural O Recuncho da Lingua, emitindo dende hai seis anos pola emisora municipal Radio Estrada, dentro do seu programa «Ensaiar é de covardes». Dirixido e presentado pola mestra estradense Pilar Bernárdez, o xurado recolle que «promove o uso do galego entre a xente nova,divulga a obra de distintos referentes literarios estradenses, e tamén é un foco difusor da nosa historia, das nosas tradicións e da nosa cultura popular».
O premio San Martiño á normalización lingüística no ámbito galego será este ano para o lugués Abraham Cupeiro. Construtor, musicólogo e multinstrumentista, especializado na recuperación de instrumentos ancestrais. O músico destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnyx (trompeta celta da Idade de Ferro) ou o Cornu que se tocaba nas grandes ocasións no Senado romano. Con varios discos no mercado, Cupeiro comparte escenario con grandes orquestras nacionais e internacionais, ademais de compoñer e colaborar en bandas sonoras e de traballar cos mellores músicos do mundo. O músico tamén destaca pola recuperación de instrumentos tradicionais galegos e polo uso da lingua nai ao longo de toda a súa traxectoria artística.
Finalmente, o galardón a toda unha vida de defensa do galego recaerá no doutor estradense Ramiro Varela Cives. Iniciou a súa traxectoria como cirurxián pediátrico, ademais de exercer o papel de profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela. Leva publicados máis de 100 artigos en revistas nacionais e internacionais e presentado máis de 20 ponencias en congresos de todo o mundo. Varela foi distinguido con prestixiosos galardóns como a Medalla de Honra da Academia Médico-Quirúrxica de Santiago ou a Medalla de Ouro da Asociación Fillos e Amigos da Estrada, da que foi presidente entre 2017 e 2023. O xurado subliña que «foi dos primeiros médicos en empregar a lingua galega no seu ámbito profesional».
- La víctima del crimen de la vieja estación de autobuses de Vigo estaba indefensa y recibió cuchilladas en cuello, tórax y costado
- Condenado un supermercado de Pontevedra por vaciar la taquilla de una trabajadora mientras estaba de baja
- Una vuelta de tuerca inesperada
- La capital del gótico gallego a solo hora y media de Vigo: un pueblo rodeado de naturaleza, tiene el primer parque temático de España y recomendado por National Geographic
- El nuevo estadio del Betis se «cuela» en la carrera de Vigo hacia el Mundial
- Proyectan dos «glampings» en Nigrán con 29 cabañas y 30 tiendas de lujo
- Descubren en Vigo a tres personas, dos menores, ocultas en una plataforma de carga a punto de embarcar hacia Reino Unido
- Ofrenda floral ante la chabola del crimen de la estación de autobuses de Vigo