De A Estrada a Broadway
O videoclip ‘Olliños’, de A Banda da Loba, gaña o premio CREA á Mellor Dirección coa axuda de centos de veciños bailaríns

Pablo Fontenla, de costas, dirixe aos figurantes. | Seispés
O videoclip de Olliños, tema incluído en Lovismo, último disco de A Banda da Loba, recibiu este pasado venres o Premio CREA á Mellor Dirección de Videoclip. Outorgado pola Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización de Galicia, o galardón, que recaeu no director e realizador Pablo Fontenla, foi entregado na Sala Riquela de Santiago de Compostela. Este recoñece un proxecto de enorme valor técnico e artístico, cun video que foi rodado cunha novidosa técnica, integramente na Estrada, coa colaboración dun cento de veciños e veciñas que se achegaron ata a zona deportiva a bailar.

As ximnastas e os veciños nunha das tomas. / Seispés
«Este premio fíxonos moitísima ilusión porque é un recoñecemento que vén de xente do propio sector audiovisual», explica Marcela Porto, batería da banda e unha das produtoras do videoclip xunto coa súa irmá Andrea Porto, ambas da Estrada. A idea de Pablo Fontenla foi rodar todo o videoclip nunha única toma de 12 segundos, gravada cunha cámara especial de alta velocidade.

A Banda daLoba, xunto ao seu equipo e técnicos. / Seispés
Para realizar esta secuencia, tiveron que usar un vehículo a motor para o travelling da cámara ao longo dos 100 metros de percorrido. Logo sería procesada para converterse nun vídeo de 4 minutos. «Gravouse todo en 12 segundos, cunha cámara especial. Tiñamos só 6 tomas posibles, e eliximos a que foi mellor», relata Marcela.
A gravación tivo lugar no recinto feiral da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, un espazo que se transformou nunha gran festa. Isto foi posible grazas á colaboración do Concello da Estrada, Copistrada, O Copión e Petiscos, ademais da participación das escolas locais Sondodance e Ximnasia A Estrada. A maiores, xuntáronse un cento de estradenses que se ofreceron como bailaríns e festeiros figurantes. «Foi un videoclip moi da Estrada, porque implicou a moita xente do pobo», lembra Porto. «Entre participantes, bailaríns e colaboradores, xuntámonos preto de 150 persoas, todas da Estrada. A verdade é que foi moi emocionante», conta.
O videoclip destacou tamén pola súa complexidade técnica e pola forza simbólica da posta en escena. «Cremos que o premio é merecido, porque foi un traballo moi complexo», recoñece, e sinala o labor do equipo de posprodución e efectos especiais, liderado por Martín DeSoto, onde participou tamén o grupo Terrae, e Seispés Producións. En canto ao significado da canción, Olliños fala das relacións persoais e da necesidade de aceptarse un mesmo antes de buscar o amor fóra: «Xogamos moito co imaxinario de Alicia no País das Marabillas, coas cartas, os elementos máxicos... Pero ao final a mensaxe é clara: o primeiro é quererse a unha mesma». Co álbum a piques de cumprir un ano, A Banda da Loba segue de xira, e mantén intacta a ilusión e a creatividade mentres preparan «algún videoclip novo» de Lovismo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Marisco de Canadá, Portugal y Marruecos devuelve el producto gallego de la lonja al mar: «Hay gente que lo vende como si fuese de aquí»
- Condenan a un supermercado a indemnizar a 76 trabajadores gallegos por practicar «esquirolaje organizativo» durante una huelga
- Toralla prohíbe los pisos turísticos antes de la apertura de la isla a Vigo
- Oceanográficos tiran «cientos de kilos» de pescado al mar por el veto al quiñón
- Augas alerta al Concello ante el «riesgo de desabastecimiento de más de 400.000 personas» en Vigo
- El Concello de Vilagarcía cierra de manera cautelar un pub de la zona TIR
- La alta demanda para retirar el amianto de construcciones eleva meses la espera
- La Xunta mantiene en el aire el disuasorio planeado en la autovía