Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Os concelleiros do BNG de Silleda participan nunha xornada formativa sobre comunicación política local

Erea Rey e Xerardo Díaz.

Erea Rey e Xerardo Díaz.

Os dous concelleiros do BNG de Silleda, Erea Rey e Xerardo Díaz, participaron o sábado nunha xornada formativa sobre comunicación política local, co obxectivo de mellorar as ferramentas de relación coa veciñanza e reforzar a capacidade de transmitir con claridade e eficacia as súas propostas. «Apostamos por unha política municipal baseada na preparación, na transparencia e na proximidade», afirman. Rey vén de asistir tamén a unhas xornadas da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Vigo sobre o uso do galego nas redes sociais. Durante o encontro, as redes sociais do BNG de Silleda foron destacadas como exemplo de boa práctica na comunicación entre cargos públicos e veciñanza, tanto pola súa calidade lingüística como pola súa capacidade de conectar coa realidade local.

Tracking Pixel Contents