Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Somoza pensa que Camiñas «fai invisible» a Rodeiro nos orzamentos da Xunta 2026

A voceira do Partido Popular replícalle ao rexedor que el e o seu bipartito son «a auténtica condena» do concello e que se esquece dos seus veciños

REDACCIÓN

Rodeiro

A voceira municipal do PP de Rodeiro, Cati Somoza, amosa o seu asombro pola valoración realizada polo alcalde, José Luis Camiñas, sobre os orzamentos da Xunta 2026 e lamentou que sexa o propio rexedor o que «faga invisible» ao Concello ante o goberno galego e as demais administracións «pola súa política de confrontación e total falta de traballo para conseguir máis investimentos». ●A voceira popular replícalle ao mandatario local que el e o seu bipartito son «a auténtica condena de Rodeiro, xa que nin piden actuacións formalmente, nin presentan proxectos e se limitan ao enfrontamento e a buscar como aliados a persoas condenadas en vez de aos conselleiros». Revela que moitos concellos con gobernos socialistas, como Meis, Cambados, O Grove, Caldas ou Cuntis «si que aparecen nas contas da Xunta para 2026, polo que non hai discriminación nin castigo agás o que lle inflinxe o propio Camiñas a todos os veciños coa súa vagancia». Cati Somoza cre que as «mentiras de Camiñas teñen as patas moi curtas» tras lamentar que non se fixeron investimentos importantes nos últimos vinte anos, xa que lembrou a mellora do colexio, a reforma da estrada de Agolada, o arranque do centro asistencial, a mellora do pavillón, os vestiarios do campo de fútbol, o paseo do Parque do Lago ou as Casas do Maior, «só por citar os máis recentes».

Tracking Pixel Contents