Esgotadas as entradas para o pase de hoxe da zarzuela
REDACCIÓN
O departamento de Cultura do Concello da Estrada colgou onte o cartel de «esgotadas» para a venta de entradas á primeira das dúas funcións que marcarán a estrea, hoxe no Teatro Principal, da zarzuela A lenda de Montelongo. Malia que non quedan accesos para a sesión desta tarde ás 20.00 horas, a billeteira do teatro si despachará entradas para a función de mañá, domingo 26, fixada nas 19.00.
Conservatorio Profesional de Música da Estrada, Coral Polifónica Estradense, Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) e Tequexetéldere conflúen na representación dunha peza con ADN galego e en galego. A parte musical correrá por conta da orquestra que conforma o profesorado do Conservatorio Profesional de Música e das voces da Coral Polifónica, dúas entidades baixo a batuta de Xabier Comesanha. Actores da Escola Municipal de Artes Escénicas subirán ao escenario, nunha peza que tamén ten na dirección teatral a outro alumno da EMAE, Julio Cores. Xunto a eles estarán os solistas Indra Sesti e Jacobo Rubianes.
- Homicidio en la estación de autobuses de Vigo: «Llama a la Policía que mataron a Roberto, está lleno de sangre»
- Pide ayuda para encontrar un sobre con dinero que perdió en Cambados
- La Xunta niega la jubilación a un profesor de Vigo con una depresión «irreversible» diagnosticada por tres especialistas
- Las gallinas de los corrales de 40 concellos de Galicia, confinadas para frenar la gripe aviar
- Cinco familias demandan por acoso escolar al Compañía de María de Cangas
- Pesar en Silleda por la muerte de Vicente Dacosta a los 41 años
- El hostelero investigado por el caso del agua contaminada con sosa cáustica: «El problema vino de la botella»
- La chapelana Rosana González, reina de la belleza