‘Toponimízate’ explica hoxe en Dozón o proceso de participación
A iniciativa recolle nomes de leiras, montes e outros microtopónimos en risco
REDACCIÓN
A sangría demográfica e o envellecemento implican perda de nomes tradicionais de leiras, montes, soutos e outros microtopónimos que constitúen un valiosísimo patrimonio inmaterial. A Real Academia Galega (RAG) e a Secretaría Xeral da Lingua fan un chamamento a todas as persoas e asociacións comprometidas coa cultura a acudiren á charla Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, que terá lugar hoxe, 24 de outubro, ás 17 horas, na sala anexa do consistorio de Dozón.
Vicente Feijoo Ares, coordinador técnico do Seminario de Onomástica da RAG, explicará de xeito práctico e ameno as principais funcionalidades da aplicación colaborativa Galicia Nomeada para a recolleita da microtoponimia galega e da tradición oral vencellada a ela. O público aprenderá a manexar tanto a versión para navegadores web como a de dispositivos móbiles e coñecerá as súas funcionalidades: como solicitar unha conta de usuario, engadir un topónimo, enviar suxestións ou completar a información da toponimia existente. Ademais, Feijoo dará a coñecer a orixe e significado dos nomes das parroquias de Dozón, sección que conta co apoio do académico e profesor da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza. O propio nome do concello será un dos protagonistas: documentado xa desde o século VI como un dos límites do condado de Deza, trátase dun derivado do nome do río Deza, un hidrónimo prerromano de orixe escura.
- Las cofradías retiran lotes de almeja de las lonjas por la caída de precios
- El transporte escolar en Galicia, bajo vigilancia especial desde este lunes
- Hallado el cuerpo sin vida de un hombre en la antigua nave de Pescanova de Vigo
- Vecinos de Vigo denuncian los destrozos en sus viviendas por obras ajenas: «Quieren sacarme de mi casa»
- Condenado un supermercado de Pontevedra por vaciar la taquilla de una trabajadora mientras estaba de baja
- El Plan del Ensanche contempla en Policarpo Sanz y García Barbón su semipeatonalización
- Cuarentones que consumen ‘coca’: el perfil del infractor al volante en Vigo
- Ana Peleteiro se defiende de las críticas por su nueva casa